Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

     Co gallo do día do libro (23 de abril), o alumnado do noso centro quixo recomendar ao resto de compañeiras e compañeiros aqueles libros que por algún motivo lles fixeron engancharse e gozar da lectura. Aquí vos deixamos esas recomendacións por si vós tamén vos atrevedes a adentrarvos nos mundos que descubrimos a través dos libros. 

RETOS LITERARIOS NO MES DO LIBRO

Imaxe
 Co gallo do Día Mundial da Poesía e a Semana do Libro estamos levando a cabo desde o día 21 de marzo e durante todo este mes unha actividade internivel chamada  "RETOS LITERARIOS", partindo do libro Bechopoemas e outras bestas, un poemario moi premiado escrito por Leire Bilbao, ilustrado por Maite Mutuberria e editado por Kalandraka. A idea principal consiste en xogar coa poesía, creada e inventada, propoñendo diferentes retos relacionados con este xénero literario e con algunhas das criaturas que protagonizan este libro, entre as  aulas do cole apadriñadas mutuamente. Estas accións poden desenvolverse cos múltiples recursos (plásticos, audiovisuais, sonoros...), que promovan a creatividade e a diversidade do alumnado. Porque as poesías serven para xogar, para aprender algo bonito, para educar os oídos buscando "palabras que soan como...". É un tipo de texto que nos produce diferentes emocións e que teñen máis dunha explicación ou hipótese válida. E senón, mira

NOVIDADES ABRIL

Imaxe
 

SEMANA DA PRENSA

Imaxe
  Con motivo da Semana da Prensa (12 ao 16 de Marzo) leváronse a cabo varias iniciativas.  Por unha banda, cada día da semana apareceron noticias na biblioteca relacionadas con animais, para dar cotinuidade ao noso PDI. Estas noticias podían ser lidas, comentadas e pensadas nas horas que teñen as distintas aulas asignadas na biblioteca.  Mencionar tamén que non apartado que temos adicado a xornais e revistas, estas se actualizan a miúdo. O noso alumnado tamén fixo unha busca ininterrumpida de noticas relacionadas co mundo animal e as cales expuxeron en sendos murais.    Así mesmo e tendo en conta que estivera moi próximo o 8 de marzo, analizouse tamén a presenza da muller na prensa.