Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2013

NOVO PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO PARA O CURSO "ÁS VOLTAS COA MÚSICA"

Imaxe
Durante este curso 2013 - 2014 os nenos e nenas da escola andarán " Às Voltas coa Música ". Ratiño e Ratiña terannos informados das actividades que iremos facer no seguinte enlace: "ÁS VOLTAS COA MÚSICA" Estamos seguros de que o imos pasar moi ben e que ademais aprenderemos moito.

CARTAS DE RATIÑO E RATIÑA

Imaxe
Hoxe tivemos cartas sorpresa de Ratiño e Ratiña de biblioteca. As nosas mascotas deixaron nas aulas as mochilas viaxeiras para os cursos de 5 anos, 2º , 4º e 6º de primaria. Tamén deixaron os contratos, eses documentos que todos os anos asinamos na escola e cos que nos comprometemos a coidar con moito mimo os materiais da biblioteca. Tamén deixaron os carnés do alumnado novo no colexio, os carnés dos mais pequenos e aqueles nenos e nenas que chegaron novos ao cole este curso. Finalmente tamén nos deixaron o horario  para saber cando podemos ir á biblioteca e usar os ordenadores ou ler un ratiño. Tamén nos deixaron unha foto do momento no que estaban preparando o reparto das cartas. A que son guapísimos?

INICIO DE CURSO...

Ola nenos e nenas da escola,iniciamos un novo curso e en primeiro lugar queremos informarvos que todo o alumnado dispón xa do seu número de usuari@ da biblioteca escolar. En breve Ratiño e Ratiña de biblioteca pasarán polas aulas para deixar os carnés dos nenos e nenas que comezan a súa andaina en 3 anos e dos chegan novos ao colexio neste curso 13-14. Neste curso tamén cambia a cordenadora das actividades da biblioteca, a partir de agora será Aida. Tod@s a coñecedes porque leva moitos cursos no equipo de biblioteca. Nuns días comezará o préstamo no recreo e todos os interesados en levar libros, películas ou música para casa poderán facelo. Lembrade tamén que ademais do horario escolar a biblioteca abre todas as tardes de 16:00 a 17:00. Nese horario poderedes usar os postos informáticos, gozar cun ratiño de lectura ou realizar préstamos e devolucións. O dito, saudiños de principio de curso e agardámosvos na biblioteca.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA MAIO, MES DAS LETRAS

Aquí deixamos as recomendacións lectoras para  "Maio, Mes das letras" guía lecturas maio mes das letras 2013 by bibliotecamestremartinezalonso413

MARZO IGUALDADE

Imaxe
Para rematar a celebración de Marzo Igualdade no colexio realizamos os Obradoiros de Igualdade para os nenos e nenas de infantil e de primaria. Nos obradoiros pasámolo de medo aprendendo sobre igualdade e ratiño e ratiña queren deixar no blog as tres historias que utilizamos no taller do conto e que deron moito xogo para os micro coloquios posteriores. Na primeira historia aplaudimos a Clementina por ser valente e deixar ao aburrido de Arturo.   Rimos un rato cambiando os roles nunha versión dun conto clásico cun protagonista masculino "El principe  Ceniciento   E aprendimos que o maltrato non son só os golpes, ás veces sufrimos "O maltrato sutil"

MARZO POESÍA...

Imaxe
Versión cantada da poesía de Gabriel Celaya "La poesía es.." interpretada por Paco Ibáñez.

SADAKO SASAKI E AS MIL GRÚAS DE PAPEL

Imaxe
Todo o colexio está volcado elaborando grúas de papel, temos que chegar ata mil...ao principio non sabiamos porque pero hoxe desvelouse o misterio. Entre todos colgamos a grúa número mil e con este xesto queremos contribuír a conseguir un mundo mellor, un mundo sen violencia. Temos á vosa disposición dous exemplares do  libro "Sadako e as mil grúas de papel"  Tamén podedes coñecer a historia de Sadako Sasaki con este video E se vos animades podedes seguir estas instruccións e facer a vosa propia grúa con origami.

DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA

Imaxe
Este ano as actividades da biblioteca para celebrar o Día escolar pola paz e a non violencia van xirar ao redor da amizade. Ser de verdade amigos para construir desde a escola un clima de solidaridade e convivencia, para construir iso que chamamos cultura de paz. Ratiño e Ratiña de biblioteca deixan uns videos que nos invitan a reflexionar. Para deixar de ser espectadores:     Cando as palabras tamén doen:  Un pouco de humor: