Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta cancións

25 DE NOVEMBRO

Imaxe
25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO! Aquí vos deixamos a canción escollida este curso para berrar ben alto que non aceptamos nengún tipo de violencia contra as mulleres. Hoxe animámosvos a que abramos todos e todas unha porta violeta que nos leve a un espazo de seguridade!

CANCIÓNS PARA O MES DE NOVEMBRO

Imaxe
Encántanos esta canción "Son Muller" e estás chicas que son: "Máis boas cas patacas" gañadoras na categoría infantil dos premios Quero cantar  

EU FALO ASÍ....

Imaxe
O día 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar pola Paz e a non Violencia. Gústanos propoñer desde a biblioteca cancións que nos inviten a ser mellores, a comprender aos demais e substituir as pelexas e a violencia por palabras de cariño e comprensión, aceptar a diferencia demostra intelixencia. Gozade coa canción "Eu falo así"

MERRY CHRISTMAS...

Imaxe
Deixámosvos este ano unha fermosa historia de nadal que vos vai facer aplicar os vosos coñecementos de inglés Aproveitamos para felicitar a toda a comunidade escolar FELIZ NADAL!!

ALEGRÍA, NESTE XANEIRO MES DE PAZ...

TENDES A CONTINUACIÓN A MESMA CANCIÓN COA LETRA ESCRITA EN ITALIANO, INGLÉS E ESPAÑOL...A LER E CANTAR

LIBROS SOBRE PLANTAS

Imaxe
Temos preparada na biblioteca unha exposición con libros sobre plantas. Ratiño e Ratiña de biblioteca deixaron en cada aula unha planta de regalo cunha invitación para achegarse á biblioteca. Con todo o que ides aprender nos libros seguro que non tendes problema para coidar e conseguir que a vosa planta medre. Tamén elaboramos un vídeo cunha pequena explicación sobre os libros que seleccionamos para a exposición. Prestade atención ao video e a canción da "Nena botánica". Aquí tendes a letra para ler e cantar. "NENA BOTÁNICA" EU TEÑO UN VIVEIRO CHEIÑO DE PALANTAS, FLORES AMARELAS, VERMELLAS E BRANCAS. TEÑO PENSAMENTOS, PAPOULAS E ROSAS, RAÍÑOS DE SOL QUE XOGAN NA PORTA. PORQUE SON BOTÁNICA, BIOORGÁNICA, SON MÁXICA… PORQUE SON BOTÁNICA, BIOORGÁNICA, SON MÁXICA… E TEÑO UN CARDÍN QUE CHEIRA A XASMÍN, ONDE COLLO EU TAMÉN COLLES TI. TEÑO MOITAS FONTES E DÚAS LAGOAS ONDE POLAS NOITES AS RANCIÑAS CROAN. PORQUE SON BOTÁNICA, , BIOORGÁNICA, SON MÁXICA… PORQUE ...

MAIS RECURSOS SOBRE OS DEREITOS DA INFANCIA

Imaxe
Premede na imaxe para visitar a páxina de recursos que a Biblioteca Escolar do CEIP Víctor Saenz elaborou para conmemorar os Dereitos da Infancia. Agradecemos a esta biblioteca que comparta con todos este fenomenal traballo. Nós de todos os recursos escollimos a canción titulada "Niños" de Pedro Guerra que reflicte a terrible realidade dos nenos e nenas da rúa de América do Sur. Aquí deixamos o video e a letra para cantala e reflexionar sobre o que dice. A 30 pisos de altura frente a la playa de copacabana La calle huele a humedad a fruta sexo bronceador cachaza A 30 pisos de altura veo la vida que me mira y pasa Bebiendo agua de coco frente a la playa de copacabana Cuando den las diez no volveran a casa Se quedaran ahi no volveran a casa Cuando den las diez los niños de la playa Se quedaran ahi no volveran a casa Coro: Como los coches luz de farola Como los gatos y las baldosas Como las tiendas y los buzones Como basura por los rincones Como los perros intentando vivir, v...

CENTENARIO DE MIGUEL HERNÁNDEZ

Imaxe
Os nenos e nenas de sexto levan un tempo xa traballando a figura de Miguel Hernández e na primeira semana de novembro realizarán un acto no espazo lector que teñen habilitado no corredor de primaria para dar a coñecer a vida e obra deste xenial poeta. Durante o acto recitarán poemas e escoitaremos algún deles musicado. Presentarán tamén o libro da editorial Kalandraka "Miguel Hernández. 25 poemas ilustrados" e o traballo de Joan Manuel Serrat "Hijo de la luz y de la sombra " onde o músico catalán canta de novo ao poeta. Estes dous materiais forman parte da nosa biblioteca escolar e despois desta presentación quedarán a disposición de todos os usuarios/as. Para abrir boca aquí tendes toda a información que está colgada nos paneis. MIGUEL HERNÁNDEZ
M A I O , M E S D A S L E T R A S . . . M Ú S I C A , F E S T A . . . E N G A L E G O
C A N C I Ó N S P A R A L E R E C A N T A R " G A L I C I A " ( O s C a r u n c h o s ) Con motivo da celebración de "Maio, Mes das Letras" propoñemos desde a biblioteca unha actividade poética e musical á vez. Os Carunchos realizan unha versión musicada do poema "Galicia" de Manuel María que está recollido na súa obra "Os soños na gaiola", que como xa sabedes viaxou polas aulas do colexio no baúl dos libros. A continuación tendes a letra. A LER E A CANTAR! GALICIA DOCEMENTE ESTÁ OLLANDO O MAR TEN VALES E MONTAÑAS E TERRAS PARA LABRAR, TEN PORTOS MARIÑEIROS,CIDADES E LABREGOS CARGADOS DE TRABALLOS CARGADOS DE TRAFEGOS. GALICIA É UNHA NAI VELLIÑA SOÑADORA NA VOZ DA GAITA RÍSE, NA VOZ DA GAITA CHORA GALICIA É O QUE VEMOS, A TERRA O MAR E O VENTO, PERO HAI OUTRA GALICIA QUE VAI NO SENTIMENTO GALICIA SOMOS NÓS A XENTE E MÁIS A FALA, SE BUSCAS A GALICIA EN TI TES QUE ATOPALA. (BIS)
Imaxe
X A N E I R O M E S D E P A Z Desde o IES Río Cabe de Monforte chéganos este fantástico cartel para conmemorar o Día Escolar Pola Paz e a Non Violencia. Desde a biblioteca escolar do Ceip Mestre Martínez Alonso en Mos queremos dar as grazas pola xeneroxidade dos nosos colegas de Monforte. Aquí queda como presente moi especial unha recompilación de pezas musicais realizada polas Bibliotecas Escolares de Galicia para conmemorar este 30 de xaneiro. Build your own custom video playlist at embedr.com FELIZ 30 DE XANEIRO!
Imaxe
2 0 D E N O V E M B R O D Í A I N T E R N A C I O N A L D O S D E R E I T O S D A I N F A N C I A : Aquí vos deixamos unha canción dos Lunnis para cantar e reivindicar... E se queredes seguir cantando podedes lembrar a canción que escollemos na biblioteca escolar o curso pasado para celebrar este día E se queres saber máis sobre os dereitos dos nenos e das nenas preme na foto
Imaxe
" O R A P D A L I N G U A " ( M I G A L L A S ) O mes de maio é un mes realmente especial para a nosa lingua. O grupo Migallas compuxo este rap para que todos e todas nos animemos a falar en galego sen vergoña, sen medo...orgullosos e orgullosas de facelo. Este rap está incluído no disco "Canta connosco" que sabemos que aos ratiños e ratiñas lectoras da escola lles encanta. Para que rapeedes sen parar...! Aquí tendes....! "O rap da lingua". Podedes visitar o blog de normalización se queredes rapear tamén a poesía de Celso Emilio Ferreiro D E I T A D O F R E N T E A O M A R .
Imaxe
2 DE ABRIL: "DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL" DESDE O ANO 1965 O IBBY PROMOVE A CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL PARA CONMEMORAR O DÍA DO NACEMENTO DE ANDERSEN . ESTE ESCRITOR NACIDO EN DINAMARCA NO ANO 1.805 É O AUTOR DE CONTOS INFANTÍS FAMOSÍSIMOS COMO “O SOLDADIÑO DE CHUMBO”, “A SIREIÑA” OU “O TRAXE NOVO DO EMPERADOR”. NA NOSA BIBLIOTECA PARA CONMEMORAR ESTA DATA ORGANIZAMOS SESIÓNS POR CICLOS PARA VER UNHA VERSIÓN ANIMADA DO CONTO "O TRAXE NOVO DO EMPERADOR" E APRENDER A CANCIÓN PROTAGONISTA DESTE MES DE ABRIL "EL COLIBRÍ".

CANCIÓNS PARA LER E CANTAR

Para todos os ratiños e ratiñas da escola aquí deixamos a historia de "Chocolata" cantada por Almudena Janeiro e que está incluida no traballo "Contos en cantos" da editorial OQO e que sabemos está tendo moito éxito nas clases de música.

XANEIRO: PAZ E NON VIOLENCIA A TRAVÉS DA MÚSICA

Do documental "Playing for change:peace throuhg music" (Tocando para o cambio:PAZ a través da música) atopamos esta fermosa canción "Stand by me" interpretada por músicos da rúa de todo o mundo.

20 DE NOVEMBRO DEREITOS DA INFANCIA

Hoxe celebramos o Día Mundial da Infancia e desde a biblioteca empeñámonos en que os nenos e nenas coñezan os seus dereitos, por que a infancia tamén ten dereitos!. Para comprobar se os coñecedes ben, premede no seguinte enlace e comprobade en forma de xogo os vosos coñecementos sobre os mesmos: XOGOS DEREITOS DA INFANCIA Lembrade que na biblioteca habilitamos unha seción cos materiais referidos aos dereitos da infancia que están á vosa disposición. Observade o seguinte vídeo onde queda reflexado o dereito a participar dos nenos e nenas. Porque nenas e nenos tendes moito que dicir.

MAIO,MES DAS LETRAS

NESTE MES DE FESTA PARA A LINGUA GALEGA APROVEITEMOS PARA ESCOITAR FERMOSAS CANCIÓNS.AQUÍ TENDES UNHA INTERPRETADA POR GUADI GALEGO E VOZES DA RÁDIO AMBOS COLABORADORES ESTE ANO NA XIV EDICIÓN DE PONTE...NAS ONDAS. ATENTOS Á LETRA POR QUE NOS EXPLICA PARA QUE SERVEN AS PONTES,PARA QUE SERVEN AS LINGUAS...BEIJAR,FALAR,ACHEGARNOS...QUE COUSA TAN FERMOSA!!! "PONTE DO MEU LADO" É UNHA CANCIÓN PARA REIVINDICAR DE NOVO O PATRIMONIO INMATERIAL GALEGO PORTUGUÉS.

ABRIL VAI REMATANDO,E NÓS SEGUIMOS LENDO E CANTANDO

Para rematar este ABRIL,MES DOS LIBROS tan só falta que poñamos en funcionamento a nosa CDU particular.A nosa clasificación dos libros da biblioteca avanza en forma de tren,por iso escollimos esta canción do grupo Ledicia. Aquí tendes música para ler e cantar neste mes dos libros.

ABRIL,MES DOS LIBROS.

PUBLICAMOS HOXE OUTRA CANCIÓN PARA LER E CANTAR QUE NOS FALA DO MUNDO MARAVILLOSO QUE PODEMOS ATOPAR "TAN SÓ CON LERES UN LIBRO". É UNHA CANCIÓN DO GRUPO MAMÁ CABRA.