Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta CONMEMORACIÓNS

LETRAS GALEGAS: HOMENAXE A BEGOÑA CAAMAÑO.

Imaxe
Co gallo do Día das Letras Galegas, o centro encheuse de palabras, creación e lingua compartida arredor da figura de Begoña Caamaño , homenaxeada de este ano. Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega puxéronse en marcha diferentes propostas nas que o alumnado participou activamente, achegándose á autora dunha maneira creativa e significativa. Cada aula recibiu moedas simbólicas acompañadas de frases e palabras vinculadas ao universo de Begoña Caamaño, que o alumnado decorou e completou para crear, entre todas e todos, unha gran rede de “tesouros” construída con palabras, pensamento e lingua galega. O acto completouse cunha pequena exposición realizada por alumnado de sexto, achegando á comunidade educativa a vida e obra da autora. Desde a biblioteca escolar sumámonos tamén a esta celebración cunha selección de novidades en galego e cun espazo expositivo dedicado á homenaxeada , dando visibilidade ás súas obras e reforzando o valor da lectura en lingua galega como ferrame...

30 DE XANEIRO: PALABRAS QUE CONSTRÚEN PAZ

Imaxe
Con motivo da conmemoración do Día Escolar da Non Violencia e da Paz (DENIP) , a Biblioteca Escolar quixo sumarse activamente a esta data tan significativa converténdose, unha vez máis, nun espazo de reflexión e encontro. Durante a semana, púxose a disposición da comunidade educativa unha exposición de fondos bibliográficos relacionados coa paz, a convivencia, a resolución pacífica de conflitos e o respecto á diversidade , entendendo a lectura como ferramenta fundamental para educar na empatía e no pensamento crítico (ALFIN). Porque aprender a vivir en paz tamén se constrúe entre páxinas. Ademais, colaborando co  Equipo de Convivencia e Benestar do centro , desenvolveuse un acto conxunto no que o alumnado do Club de Convivencia Igualitaria explicou o significado desta data e lembrou que a paz é unha tarefa diaria que se constrúe con palabras, actitudes e decisións conscientes. O acto culminou cun desfile polo centro , no que cada aula amosou carteis con lemas a prol da paz, cone...

MICRORRELATOS DE SAMÁIN: DO PAPEL Á VOZ

O Samaín deixou tras de si historias que arrepiaron, palabras cheas de misterio e moito talento creativo. Tras a proposta “Microrrelatos de Medo” , xa podemos compartir o resultado final dun traballo colectivo no que participou alumnado, familias e profesorado do centro. Así, xa está dispoñible o noso Podcast de Medo , un episodio especial no que o Club de Podcast e alumnado do centro dan voz aos microrrelatos de Samaín escritos pola comunidade escolar. Relatos breves, intensos e inquietantes que cobran vida a través da lectura en voz alta. Ademais, todos os microrrelatos foron recompilados nun libro en formato físico , que xa forma parte dos fondos da biblioteca. Unha oportunidade perfecta para volver ás historias, reler con calma e deixarse envolver polo ambiente do Samaín sempre que apeteza. Animámosvos a escoitar o podcast e a achegarvos á biblioteca para descubrir o libro.  Porque o  medo… tamén se le.

Día Internacional das Persoas con Discapacidade: "TECENDO INCLUSIÓN"

Imaxe
Con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade , o 3 de decembro, a Biblioteca sumouse á conmemoración cunha exposición temática que recolleu unha selección de títulos centrados na diversidade, a inclusión, a empatía, a convivencia e o respecto polas diferenzas individuais. Un espazo pensado para achegar ao alumnado historias e voces que nos axudan a comprender que todas as persoas temos dereito a ser, sentir e participar plenamente na comunidade. Ademais, participamos nunha actividade moi especial promovida polo Concello de Mos a través de EVD Galicia : unha intervención artística colaborativa na que o alumnado de 5º de Primaria escribiu mensaxes en cintas de cores, tecendo palabras positivas que reivindican a diversidade como valor e como dereito fundamental. Así, as nosas alumnas e alumnos de 5º deixaron por escrito ideas como respecto, empatía, diversidade, amizade, cooperación ou dignidade , contribuíndo a unha obra colectiva co resto de centros do municipio qu...

25N: "MARISQUIÑO OU... MÁIS RIQUIÑO"

Imaxe
 Con motivo do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero,  a Biblioteca  acompañou a conmemoración cunha exposición de recursos e materiais relacionados coa igualdade, a corresponsabilidade e a prevención das violencias machistas. Ademais, e en colaboración co Equipo de Convivencia e Benestar , desenvolveuse no centro unha proposta de obradoiros interdisciplinares interciclo vinculados ao noso PDI “Estamos Aquí” , centrado este ano no ODS 14: Vida submarina . Así naceu “Marisquiño ou… máis riquiño” , unha iniciativa que une educación afectivo-social e conciencia ambiental a través dun fío común: coidar o planeta e coidarnos entre nós, educando na igualdade dende o mar que nos une. Os nenos e nenas de Infantil traballaron en cinco grupos mesturados entre as catro aulas, desenvolvendo actividades manipulativas, sensoriais e simbólicas, sempre desde a linguaxe do xogo e a experimentación: Pescando mensaxes contra a violencia machista:   Coas mes...