Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2020

SEMANA DA PRENSA

Imaxe
Co gaio da Semana da Prensa (9-13 marzo) levouse a cabo unha actividade con este soporte  para realizar cada aula na súa hora semanal de biblioteca. Nesta ocasión, Ratiño e Ratiña, motivados polo proxecto de centro "Nos Mundos de Xulio Verne" invitáronnos a participar nesta aventureira actividade. O estante de revistas e prensa encheuse de xornais de diferentes países do mundo, dos cales moitos deles relacionábanse con lugares polos que Phileas Fogg pasou para dar a "volta ao mundo en 80 días", e que o alumnado tiña que identificar en función da súa bandeira. Despois de ver de qué países eran todos os xornais, farían unha búsqueda para relacionar qué xornais podía traernos de esta volta ao mundo e cales non. Así, os máis maiores tamén podían facer unha búsqueda das cidades concretas polas que foi percorrendo. (exemplo: no país de Francia o lugar polo que pasou foi París).  Tamén aproveitamos para ver as partes dun xornal, a forma en como se expoñe

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. 2ª PARTE

Imaxe
O Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como "Día Internacional da Muller Traballadora", conmemorado cada 8 de marzo, é unha xornada para reivindicar a igualdade e facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade.  Este ano, o tema proposto pola ONU denomínase "Son da Xeración Igualdade: Polos dereitos das mulleres" , no cal podedes obter mais información na súa páxina:   https://www.un.org/es/observances/womens-day "Houbo unha época na que as mulleres estaban sin estar. Os seus corpos, o seu traballo, os seus talentos sí estaban, pero os seus nomes e as súas voces non. Este ano polo 8 de marzo, fomos da man de Xulio Verne a buscalas no fondo do mar, dando a volta ao mundo ou como fixera falta. Para elo, tivemos que ser valentes, intrépidas, curiosas e rigurosas, tal como foi Xulio Verne nas súas aventuras. Pero o conseguimos e velaquí o que descubrimos"... (Alba Alonso Feijoo). Así, realizamos varias actividades

DÍA DA MULLER

Imaxe
Estas son as nosas lecturas recomendadas para o 8 de marzo, o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. Nós somos "Xeración Igualdade", e ti?