Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2009
Imaxe
C O N T R A T O S E M O C H I L A S Durante o primeiro trimestre o Ratiño e Ratiña de Biblioteca deixaron nas aulas cartas por sorpresa. Unha vez abertas descubrimos que como o ano pasado para ser usuarios/as da biblioteca do cole debiamos asinar un contrato . Por suposto todos os nenos e nenas lectoras da escola asinaron sen dubidar, tendo moi en conta que se comprometían a cumprir as normas da biblioteca e coidar os materiais da mesma. Tamén deixaron as mochilas viaxeiras , que visitaran as casas dos nenos e nenas do cole. Dentro levan libros de temáticas moi diferentes, música, películas, xogos para o ordenador... Cada mochila ten un tríptico explicando o contido, un carné e unha libreta para que os membros da familia anoten as súas conclusións ao remate da estancia en casa da mochila. Aquí tendes algunha as fotos de varias das aulas onde chegaron os contratos e as mochilas.
Imaxe
O A P A L P A D O R Os nenos e nenas do colexio andan a descubrir a figura do "Apalpador", un personaxe que vive nas montañas do Coural e que no nadal baixa a apalpar a barriguiña dos rapaces para ver ser cearon ben e se están durmidos. Se esto é así, o apalpador déixalles unhas castañas e xoguetes. Na biblioteca acabamos de recibir os libros "O Apalpador" da editorial Biblos e "Antón e O Apalpador" da editorial Barafunda. Son a nosa máis especial recomendación para este nadal que comeza.
Imaxe
D E C E M B R O , M E S D O S D E R E I T O S H U M A N O S No seguinte spot inspirado nos dereitos humanos aparecen diferentes palabras en inglés. Aínda que as imaxes axudan a interpretalo tal vez, ti que eres un ratiño investigador, te animes a buscar no noso dicionario on-line o significado. Preme na foto para buscar as palabras: Tamén podedes premer na foto para xogar á OCA DOS DEREITOS HUMANOS
D E C L A R A C I Ó N D O S D E R E I T O S H U M A N O S E N 4 M I N U T O S
1 0 D E D E C E M B R O , D Í A I N T E R N A C I O N A L D O S D E R E I T O S H U M A N O S Amnistía Internacional solicitou a diferentes artistas que interpretaran a declaración dos dereitos humanos en pequenos cortos de animación. Animádevos a identificar o artigo da declaración dis dereitos humanos correspondente a cada animación. Podedes ler a declaración neste enlace .
Imaxe
1 0 D E D E C E M B R O , D Í A I N T E R N A C I O N A L D O S D E R E I T O S H U M A N O S Desde o IES Río Cabe chéganos un novo cartel para conmemorar a celebración do Día Internacional dos Dereitos Humanos. O día 10 de decembro conmemórase a aprobación pola Asamblea Xeral da ONU da Declaración Universal dos Dereitos Humanos no ano 1.948. Desde a biblioteca do cole propoñemos un traballo de investigación sobre a declaración dos dereitos humanos que desde a Biblioteca do Ceip de Andrade elaboraron en forma de webquest . Todos os ratiños e ratiñas investigadores do 2º e 3º ciclo poden poñerse en acción.
Imaxe
2 5 D E N O V E M B R O , C O N T R A A V I O L E N C I A D E X É N E R O Tradicionalmente na nosa biblioteca adicamos o trimestre novembro, decembro e xaneiro a conmemoración de diferentes datas relacionadas cos dereitos da infancia, a violencia contra as mulleres, os dereitos humanos e a non violencia e a paz. O mes de novembro recolle dúas destas datas significativas os dereitos dos nenos e nenas e a loita contra a violencia exercida sobre as mulleres. Hoxe 25 de novembro non podemos esquecer que mulleres e nenas son obxecto de violencia e discriminación en todo o mundo. Este problema non entende de clases sociais, é de feito un gravísimo problema universal que require a concienciación de todos e todas. Desde a escola, e como non, desde as bibliotecas escolares temos a responsabilidade de educar ás nenas e nenos para negarse a asumir esta terrible realidade. Agradecemos ao IES Río Cabe de Monforte o fantástico cartel que tamén nesta ocasión non dubidaron en compartir con o
Imaxe
N O V E M B R O , D E R E I T O S D A I N F A N C I A : A ONG Médicos Sen Fronteiras preséntanos o xogo "...Y comieron felices" Una historia optimista sobre la desnutrición infantil. Un xogo ideado para sensibilizar aos máis pequenos sobre a terrible realidade da desnutrición infantil. O xornal El País publica en colaboración con UNICEF un retrato da infancia no mundo: "Seis meses atravesando fronteras, veinte países, cuatro continentes. Una fotógrafa: Isabel Muñoz. Cinco periodistas, 19 ONG, un centenar de niños retratados. En el 20º aniversario de la Convención sobre los Derechos del Niño, comprobamos que se ha avanzado en el camino, pero que queda mucho todavía por recorrer". Premede na foto para ver a reportaxe "NUESTRO PEQUEÑO MUNDO"
N O V E M B R O M E S D O S D E R E I T O S D A I N F A N C I A : N E N O S E N E N A S E S C R A V O S Cada 20 de novembro celebramos que os nenos e nenas teñen dereitos, a realidade encárgase de demostrarnos ano tras ano que este é un obxectivo que está lonxe de ser acadado. Nenos e nenas de todo o mundo traballan como escravos cando deberían estar xogando ou aprendendo na escola.
Imaxe
2 0 D E N O V E M B R O D Í A I N T E R N A C I O N A L D O S D E R E I T O S D A I N F A N C I A : Aquí vos deixamos unha canción dos Lunnis para cantar e reivindicar... E se queredes seguir cantando podedes lembrar a canción que escollemos na biblioteca escolar o curso pasado para celebrar este día E se queres saber máis sobre os dereitos dos nenos e das nenas preme na foto
Imaxe
C O N T O S D O S A M A Í N Con motivo da celebración do samaín na escola os nenos e nenas de 4º de primaria decidiron escribir "Contos de Medo!" ... Traballaron en parellas e unha vez decidido o argumento escribírono e colgárono no tendal dos escritos da biblioteca. Alí quedaron expostos para que todos os ratiños e ratiñas lectoras da escola poidan gozar da súa lectura. Se ves á biblioteca e queres pasar medo de verdade, non te cortes e descolga estes contos do samaín... pasarás un rato TERRORÍFICO!
O U T U B R O , B I B L I O T E C A S E S C O L A R E S E S O R R I S O S O curso pasado o noso proxecto para a biblioteca escolar titulouse "Ler as emocións, emocionarse ao ler", unha das actividades principais foi a lectura por niveis de tres coleccións de libros que se centraban no tratamento das emocións. Ao final do curso decidimos pedir aos ratiños e ratiñas lectoras do colexio que plasmaran en papel un dos nosos sentimentos favoritos: A ALEGRÍA, ese sentimento de pracer que se manifesta con signos exteriores... precisamente escollimos o sorriso somo signo exerno de manifestación de felicidade, gozo, ledicia, pracer ou satisfacción como antídoto para o desgusto, pena, pesar ou tristeza... por que consideramos que así teñen que medrar os nosos nenos e nenas, e queremos que a biblioteca escolar colabore na formación de nenos felices e seguros de si mesmos. Aquí tendes un vídeo que recolle un ronsel de sorrisos acompañados da canción de Rosana titulada "Sonríe&qu
Imaxe
O U T U B R O , M E S D A S B I B L I O T E C A S E S C O L A R E S Iniciamos un novo curso na nosa BIBLIOTECA ESCOLAR, o 3º xa dentro do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, e aproveitamos a ocasión para presentar o cartel deseñado por Miguelanxo Prado para conmemorar o mes de outubro, elixido como Mes das Bibliotecas Escolares... A biblioteca escolar como unha porta de entrada a todo tipo de lecturas, en todo tipo de soportes... como un espazo ideal para achegarnos á lectura informativa ou á lectura pracenteira da poesía, do teatro, do comic... Un espazo onde ler a letra impresa no papel ou na pantalla dun ordenador, escoitar un audio e trasladarnos a outros lugares navegando pola rede. No colexio intentaremos aproveitar este mes de outubro para estrear a nosa nova e flamante biblioteca e dar a coñecer todas as súas posibilidades aos ratiños e ratiñas lectoras da nosa escola e ás súas familias. Desde o equipo de biblioteca desexámosvos un feliz comezo de curso cheo de felices

NESTE VERÁN...

Imaxe
M O I T O S L I B R O S L E R Á S . . . . Esa é a recomendación do noso ratiño e da nosa ratiña de biblioteca, como vedes eles dan exemplo e ademais de gozar co sol e os baños na praia non esquecen a súa actividade favorita: D e v o r a r l i b r o s ! Pasade unhas moi felices vacacións cunhas moi felices lecturas, vémonos en setembro para inaugurar a nosa nova biblioteca.

AS LINGUAS SUMAN

Triptico as Linguas Suman Publish at Scribd or explore others: How-to-Guides & Manu

NESTES MOMENTOS DIFÍCILES PARA O GALEGO...

Achegámosvos un extracto do manifesto sobre a lingua feito público polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia . e publicado en www.vieiros.com "O galego é meu, o galego é noso, é de todos e todas. O galego é do que o fala, e é tamén do que aínda non o fala, ou do que xa non o fala... O galego é daquel que o ama e mesmo daquel que o odia, se é que hai algunha persoa que tal sinta polo seu patrimonio herdado... Porque, ao final, que é o galego? O galego é o máis valioso dos nosos tesouros inmateriais, xunto coa música que tamén é outro tesouro. Realmente é difícil ver o valor de certas cousas até que sentimos a súa carencia, a súa falta, cando xa é tarde... Hoxe é tal vez tarde para recuperar a lagoa de Antela, a lagoa que hoxe a ninguén se lle ocorrería desprotexer, mais iso nos anos 50 non se viu. Hoxe é tarde para recuperar o que foi destruído, mais non é tarde para aprender deses erros e protexer o que nos resta. A ninguén, non seu san xuízo, se lle ocorrería desprotexer a c

O baúl dos contos...

Imaxe
. . . d e i x o u u n h a s o r p r e s a . . . ! O libro "O incrible neno devorador de libros" escrito por Oliver Jeffers e editado por patasdepeixe cóntanos unha historia sorprendente...Ao neno Henry encantábanlle os libros, pero no como a calqueira ratiño ou ratiña de biblioteca, a el... encantáballe... C O M E L O S ! O libro paseou polo colexio de aula en aula e os nenos e nenas (que tamén acostuman a devorar libros) do primeiro ciclo f i x e r o n u n m u r a l que colgamos na biblioteca cos debuxos que fixeron inspirados pola súa lectura.

5 DE XUÑO...

. . . D Í A M U N D I A L D O M E D I O A M B I E N T E O Día Mundial do Medio Ambiente conmemórase o 5 de xuño coa finalidade de concienciar sobre a necesidade de coidar o noso entorno natural. O seguinte vídeo é breve pero moi clarificador, cada acción dos seres humanos sobre a natureza ten consecuencias. As fichas de dominó que caen e empuxan á seguinte poden acabar por golpearnos a nós.

Concurso...

. . . D e C a r t e l e L e m a d e A n i m a c i ó n á l e c t u r a Durante o mes de a b r i l propuxemos un concurso de creación de cartel e lema con o r d e n a d o r que tiña como finalidade a animación á lectura. Moitos ratiños e ratiñas da escola participaron e o resultado final podedes velo neste v í d e o . Como estaba establecido nas bases, haberá p r e m i o s para os mellores e serán entregados na festa de fin de curso.

Día das Letras Galegas

T E M O S N A B O C A P A L A B R A S M I L E N A R I A S , u s é m o l a s p o i s . . . . Coñecimos este vídeo a través do Recanto de Mik , e encantounos para celebrar este Día das Letras Galegas 2009.

Canta emoción...

C A N T A E M O C I Ó N . . . s e n t i m o s h o x e n o c o l e x i o ! Desde o equipo de biblioteca queremos destacar o impresionante traballo que leva a cabo a responsable do equipo de Normalización Lingüística do noso centro. Xa estabamos acostumados aos seus traballos na Semana Cultural de Maio, pero este ano...este ano a emoción podía sentirse mentras visionabamos á montaxe na honra de Ramón Piñeiro ... canta sensibilidade neste vídeo, no teatro,no conto viaxeiro, no díptico sobre o homenaxeado, nos diálogos dos presentadores... Moitas grazas, Ángeles por que hoxe realmente o colexio foi unha festa das letras galegas. Desde este blog non nos cansamos de recomendar que visitedes o blog de normalización por que a nosa cordinadora está a facer un traballo realmente impresionante.
R A M Ó N P I Ñ E I R O A través da Biblioteca do Colexio de Cervo coñecimos este interesantísimo vídeo sobre a vida e obra do homenaxeado nas letras galegas 2009. Nel aparecen feitos narrados con voces de nenos e nenas e foi realizado polo ENL do CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia. Un fantástico traballo co que aprender máis sobre Ramón Piñeiro.
G U Í A D E L E C T U R A S " M A I O , M E S D A S L E T R A S "
Imaxe
" O R A P D A L I N G U A " ( M I G A L L A S ) O mes de maio é un mes realmente especial para a nosa lingua. O grupo Migallas compuxo este rap para que todos e todas nos animemos a falar en galego sen vergoña, sen medo...orgullosos e orgullosas de facelo. Este rap está incluído no disco "Canta connosco" que sabemos que aos ratiños e ratiñas lectoras da escola lles encanta. Para que rapeedes sen parar...! Aquí tendes....! "O rap da lingua". Podedes visitar o blog de normalización se queredes rapear tamén a poesía de Celso Emilio Ferreiro D E I T A D O F R E N T E A O M A R .
P R O G R A M A P A R A A S E M A N A C U L T U R A L Como en cursos anteriores a "SEMANA CULTURAL" ven cargadiña de actividades máis que interesantes. Aquí tendes o máis destacado do programa que se levará a cabo entre o luns 11 e o venres 15 de maio. III CICLO DE CINE EN GALEGO ILUSTRADOR:ANXO FARIÑA PREMIOS CERTAME LITERARIO CONTACONTOS TEATRO ACTUACIÓN DO GRUPO MIGALLAS PREMIOS CONCURSO CARTEL E LEMA CONTOS CANTADOS Ademais os ratiños e ratiñas da escola están máis que afanados resolvendo a webquest sobre o homenaxeado deste ano: Ramón Piñeiro e están realizando un interesantísimo traballo de investigación sobre a toponimia tradicional do noso concello que promove o equipo de normalización lingüística do colexio. FELIZ SEMANA CULTURAL! FELIZ MAIO, MES DAS LETRAS!
M A I O , M E S D A S L E T R A S : " E N G A L E G O T E S T O D O P O R V I V I R" Como xa sabedes, o mes de maio é un mes especial para a nosa lingua, neste vídeo propoñen un xogo e todos/as temos a responsabilidade de continualo, de que non pare. Segue o xogo por que ....EN GALEGO, TES TODO POR VIVIR!
Imaxe
W E B Q U E S T R A M Ó N P I Ñ E I R O Desde o Equipo de Normalización Lingüística do colexio propóñennos un novo traballo de investigación. Nós como somos ratiños e ratiñas investigadores non teremos reparos en aceptar a invitación e poñernos a resolver as cuestións que nos plantexen. A webquest está centrada na figura de R A M Ó N P I Ñ E I R O , persoerio a quen este ano lle adican a celebración do " Día das Letras Galegas" , que como xa sabedes, celebramos todos os 17 de maio; e é a actividade coa que inauguramos a programación de actividades para "MAIO, MES DAS LETRAS" No blog de normalización teñen colgado enlaces sobre o homenaxeado deste ano así que se vos apetece coñecer a súa figura non dubidedes en facerlle unha visita. FELIZ INVESTIGACIÓN!
Imaxe
V I S I T A Á B I B L I O T E C A M U N I C I P A L D E M O S Nesta semana final de abril todos o alumnado do colexio visitamos a Biblioteca Municipal do noso concello, Mos. As bibliotecarias, Viki e Diana , foron moi amables e regaláronnos un libro a cada neno e nena. Ademais fixémonos soc ios/as e entregáronnos os carnets de usuarios para poder facer préstamos dos fondos da biblioteca municipal. Durante a visita explicáronnos como funciona a biblioteca, que servizos ofrece e que materiais podemos levar Tamén nos contaron un conto... resultou ser unha visita fantástica! Nós tamén quixemos facer un regalo á biblioteca de Mos así que levamos exemplares dos contos viaxeiros que comezamos a facer hai catro cursos. Deste xeito todos os nenos e nenas do concello poderán levalos prestados para ler nas súas casas. Por certo, xa está colgado o conto correspondente a este curso que se titula "UNHA AVENTURA INCREIBLE". Se queredes lelo premedede no enlace do noso blog de normal
Imaxe
A S L I N G U A S D A E S C O L A Hoxe Ratiño e Ratiña deixaron un regalo moi especial para as familias do colexio. Os dous saben que no colexio hai familias que viñeron de outras comunidades e incluso doutros paises a vivir ao Concello de Mos. Saben tamén que nestas familias fálanse linguas moi diferentes, así que decidiron montar unha estantería con libros nos idiomas que se falan nos lugares de orixen destas familias. Nós sabemos que a chegada de nenos e nenas con idiomas e culturas diferentes á nosa enriquece a nosa escola, e neste caso enriquece tamén á nosa biblioteca escolar. A biblioteca quere que estas familias poidan levar en préstamo materiais nas súas linguas, polo momento a cantidade de fondos é moi modesta pero irémola incrementando pouco a pouco. Aproveitade para escoitar a fermosa canción cantada en portugués e titulada "TODAS AS LINGUAS" . E S T A N T E R Í A D A S L I N G U A S D A E S C O L A
Imaxe
23 DE ABRIL "DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR 2009" Como en conmemoracións anteriores, desde o IES Río Cabe de Monforte , chéganos un extraordinario cartel. Nesta ocasión as creadoras inspíranse no poder dos libros e da lectura para protexerse de todo o negativo. Ante unha unhas gotas de chuvia nociva abramos o noso paraugas de cultura, para protexernos a nós mesmos e aos demais. Nesta celebración que ten por protagonistas aos libros aproveitemos tamén para ler versos fermosos "Versos a moreas..." , un regalo da poeta Gloria Sánchez para as Bibliotecas Escolares de Galicia no Día Múndial do Libro e dos Dereitos de Autor 2009.
Imaxe
ABRIL, MES DOS LIBROS:CONTO VIAXEIRO 08/09 Por fin chegou o día! despois de meses de viaxar por todas as aulas da escola a aventura do conto viaxeiro chegou ao seu fin. Presentamos o 23 de abril "Día Mundial do Libro" unha nova edición do conto viaxeiro. Este ano baixo o título "UNHA AVENTURA INCRIBLE" ve a luz unha nova obra colectiva que pasará a formar parte dos fondos da nosa biblioteca escolar e que como en anos anteriores non dubidamos que vai ser moi solicitada como préstamo polos ratiños e ratiñas lectoras do noso centro. A presentación terá lugar o xoves 23 de abril ás 11:00h e como en anos anteriores os nenos e nenas de 6º actuarán como narradores do conto. Este ano participaron na elaboración do conto os nenos do CEIP O Carballal no que estamos aloxados provisionalmente mentres non rematan as obras do noso flamante cole novo. Ademais como novidade regalaremos un exemplar do conto viaxeiro na visita que a próxima semana faremos á Biblioteca Mun
Imaxe
ABRIL, MES DOS LIBROS: CINE NA BIBLIOTECA Ratiño e Ratiña de biblioteca deixaron nas aulas entradas para o cine, cada grupo debe ler con atención para saber que día e a que hora comezará a proxección. A peli que imos ver titúlase DONKEY XOTE e está inspirada no libro "El ingenioso hidalgo Don Quijote de La Mancha" de Miguel de Cervantes. Con esta proxección queremos celebrar na biblioteca o "DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO" que como todos os anos se conmemora o 23 de abril. AS SESIÓNS DE CINE SON AS SEGUINTES: Mércores 22 de abril 2º ciclo 12:15h. Xoves 23 de abril 1º ciclo 12:15h. Venres 24 de abril 3º ciclo 10:00h.
ABRIL, MES DOS LIBROS: ABRE UN LIBRO Porque nos permiten convertirnos no que nós imaxinemos, porque podemos viaxar sen sair da habitación, porque nos conmoven e transforman..... ABRE UN LIBRO!
Imaxe
ABRIL, MES DOS LIBROS: Arte, lectura e expresión escrita. Os nenos e nenas de 4º realizaron un traballo moi interesante producindo textos a partir dunha seleción cadros. Esta experiencia coincidiu coa visita ao museo de arte contemporáneo de Vigo, o museo MARCO. Neste vídeo podedes ver o resultado desta experiencia tan orixinal. Como elemento motivador á visita ao museo Marco na biblioteca puxemos a disposición de todos os ratiños e ratiñas lectoras da escola o libro: "¡Devoramos pinturas! Una visita al museo de arte contemporáneo" da editorial Blume. Aquí podedes ver ás nosas mascotas facendo a súa actividade favorita, devorar libros.
Imaxe
FORMACIÓN DE USUARIOS/AS Aproveitando que no mes de abril os protagonistas son os libros os ratiños e ratiñas de biblioteca do colexio realizaremos diferentes visitas ás bibliotecas municipais do noso arredor. Visitar as bibliotecas públicas é unha opción excelente para ocupar o noso tempo de lecer e desde a biblioteca escolar propoñer un pouco mellor as bibliotecas do noso concello e dos municipios próximos: Mos, Redondela e Porriño. Visitas físicas: por ciclos visitaremos a Biblioteca Municipal de Mos o martes 28 de abril 1º e 2º ciclo e o mércores 29 de abril o 3º ciclo. Os nenos e nenas de infantil realizarán a visita o día 22 de abril. Visitas virtuais: visitaremos a través de internet as seguintes bibliotecas: 1. Biblioteca Municipal de Redondela 2. Biblioteca Municipal de Porriño Nestas visitas deberemos conseguir a seguinte información: Horario de apertura ao público. Localizar o enderezo de cada biblioteca: nome da rúa e número. Averiguar as condicións do préstamo para os
ABRIL, MES DOS LIBROS Na creación e consolidación do hábito lector dos nenos e nenas é fundamental o papel dos maiores. Para eles a familia é o modelo a seguir así, dunha familia lectora, sairán novos lectores. A responsabilidade neste asunto é compartida entre escola e familia e as vacacións son unha boa ocasión para motivar aos nosos nenos e nenas. Felices lecturas en familia neste Abril, mes dos libros!