Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2008

MOCHILA VIAXEIRA PARA O 3º CICLO

Imaxe
Neste mes de outubro, adicado ás bibliotecas, non paran de chegar sorpresas. No aula de 6º de primaria ratiño e ratiña deixaron unha mochila chea de libros,cds,dvds e cd-rom para compartir coas familias. Nas mochilas tamén vai un folleto explicativo co contido das mesmas e unha libreta para que as familias fagan as súas anotacións. O prazo para ter a mochila na casa é de dez días, pasado ese tempo hai que devolvela e se entrega ao seguinte na lista. Neste caso ratiño mandou empezar polo final e nós fixemos como mandou. Na foto podedes ver, aínda que non o pareza, a Rogelio de sexto de primaria sinalando orgulloso a mochila. El é o primeiro en levala por ser o último da lista.

TODOS OS NENOS E NENAS DA ESCOLA ASINARON O CONTRATO....

Imaxe
O ratiño e a ratiña deixaron nas aulas os "CONTRATO DE USO DOS FONDOS DA BIBLIOTECA ESCOLAR"Antes de asinar todos prestamos moita atención á lectura das condicións do mesmo. Non houbo nengún neno nen nena na escola que non se comprometera. Aquí tendes as fotos de todos os ratiños e ratiñas de primaria do Ceip Mestre Martínez Alonso.

CONTRATOS DE BIBLIOTECA

Imaxe
Hoxe apareceron por sorpresa nas aulas un contrato e unha carta. A carta, como non, fora enviada pola ratiña e o ratiño de biblioteca e nela explicaban que como bos nenos e nenas lectores que somos debíamos asinar un contrato. Pero non un contrato calqueira senón un CONTRATO DE USO DOS FONDOS DA BIBLIOTECA. Todos os que asinan comprométense a cumplir as normas da biblioteca,devolver os préstamos no prazo establecido e a coidar os materiais. Por suposto asinamos todos e todas na escola, xa que somos uns ratiños e ratiñas lectoras moi comprometidos. Aquí tendes aos nenos e nenas de sexto de primaria mostrando orgullosos o contrato e as sinaturas.

CARNÉS DE BIBLIOTECA.

Imaxe
Hoxe tivemos unha sorpresa no colexio. Esta noite pasaron polo colexio o ratiño e a ratiña da nosa biblioteca. Ninguén puido velos pero deixaron un regalo para cada un dos nenos e nenas da escola: Os novos carnés de biblioteca para o curso 2008/09! No carné aparece esta foto de ratiña e ratiño lendo os seus libros favoritos. Hoxe moitos nenos e nenas da escola fixeron coma eles e realizaron moitos préstamos na biblioteca na hora do recreo. Todos quedamos contentísimos cos recén estrenados carnés de biblioteca e con seguridade que neste curso usarémolos moitísimo.