Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2022

NATUREZA E POESÍA

Imaxe
O día 21 de marzo conmemórase o " Día Mundial da Poesía", data que coincide na mesma semana con varios días significativos para a defensa do medioambiente: o "Día dos Bosques" (21) , "Día Mundial da Auga" (22) e o "Día Metereolóxico Mundial" (23), polo que propoñemos realizar unha actividade que una estas celebracións! Invitamos a inventar e crear POEMAS HAIKUS Estos son unha forma poética de expresión de orixe xaponesa. Para iso, animamos ao alumnado a realizar elxs mesmxs unha foto ou buscar algunha imaxe sobre a  natureza, para traballar nas aulas inspirándose nela, creando un poema ou poemas Haiku sobre a mesma. Co resultado faremos unha exposición no cole. A participar!! Xa temos as primeiras evidencias do alumnado de 1º E 6º de EP creando os seus Haikus... Ademais, tamén tivemos a sorte de contar na nosa Escola de Familias EducANDO 2.0, xestionada polo Equipo de Convivencia, cunha nai da nosa comunidade educativa, Cristina Lago, quen nos

SEMANA DA PRENSA

Imaxe
Na Semana da Prensa (7-11 de marzo) traballamos en todo o cole arredor de noticias relacionadas co PDI "Estamos Aquí", as cales chegaron cada día aos nosos buzóns. Estas mesmas novas tamén foron compartidas mediante audios preparados polo noso Equipo de Voluntariado da biblio , favorecendo que esta información chegase a través de múltiples canais. O alumnado de Educación Infantil fixo tamén propostas en relación a esta conmemoración: 4 ANOS Convertéronse en xornalistas, elaborando e explicando nun podcast as conclusións e observacións que sacaron dun experimento feito na clase sobre a descomposición de residuos. Aquí podedes escoitar o podcast da aula de 4 anos A Aquí podedes escoitar o podcast da aula de 4 anos B 5 ANOS Traballaron con diferentes xornais e coa súa tipoloxía textual , recoñecendo as súas partes e mesturándoas para crear "novas tolas".

NOVIDADES

Imaxe
 Aquí vos presentamos as novas adquisicións para as distintas seccións do noso catálogo. Agardamos que vos gusten!

8M- DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Imaxe
O Día Internacional da Muller 2022,   r eivindica os dereitos das mulleres baixo o lema: "Igualdade de xénero hoxe para un mañá sostible",   reclamando unha acción polo clima por e para as mulleres. Durante este mes, colaboramos co Equipo de Convivencia e levamos a cabo unha serie de actividades para a concienciación na loita feminista: O propio 8 de marzo, fixemos un parón das clases lectivas, para escoitar un manifesto a través do fío musical. Trátase do escrito que levou alumnado de 6º B ao pleno do Concello no pasado día 25 no Pazo de Mos, representando o noso sentir. Neste video pódese ver o manifesto.  https://www.youtube.com/watch?v=tVZDBBx_AE Ademais, neste mesmo día, fixemos o visionado deste video a través dun código QR achegado ás aulas, no cal se presenta e xustifica a actividade que se realiza ao longo do mes: a  II Edición do Club de lectura Fem ,  baixo o lema: "Pés, para que vos quero, se teño LIBROS para voar", versionando a cita dunha coñecida fe

NOVIDADES MARZO

Imaxe
Hoxe, no  Día Internacional da Muller , moitas das nosas novidades van adicadas a elas. Agardemos que vos gusten.