MOCHILAS VIAXEIRAS PARA FAMILIAS

Deseñamos esta nova proposta para as familias lectoras: o préstamo das mochilas viaxeiras con fondos da nosa sección de adultos! 

Desde este mes ata finais de maio as familias poderán solicitar o préstamo dalgunha das seguintes mochilas a través do correo electrónico da biblio, indicando o nº da mochila preferente e o nome do seu fillo/a e curso para poder entregarlle a mochila directamente. Os recursos son pensados para os adultos, con temáticas de interese sobre crianza e pedagoxía.

Tamén recordamos que dispoñemos dun catálogo de máis de 40 fondos na sección 37, con contidos relacionados coa pedagoxía, psicoloxía e crianza, axeitados para profes e familias, que podedes coller de préstamo co nº de carné da biblio do alumnado. 


Agardamos con entusiasmo as vosas solicitudes!














Comentarios