O SAMAÍN, A NOSA TRADICIÓN

Polo Samaín, en colaboración cos equipos do centro, partimos de diferentes actividades para vivenciar e recuperar do esquecemento as raíces da nosa cultura tradicional galega.

O Samaín é a festividade de orixe celta máis importante do período pagano en Europa ata a conversión ao cristianismo. A noite do 31 de outubro ao 1 de novembro servía como celebración da fin da tempada da colleita na cultura celta  e era considerada como o "Ano Novo Celta", que comezaba coa estación escura. É tanto unha festa de transición (o paso dun ano a outro) coma de apertura ao outro mundo. 

Significa "fin do verán".

No cole celebrámolo da seguinte maneira:

- Presentación sobre a orixe do Samaín a cargo do alumnado de sexto de EP, quen levou a cabo exposicións orais interactivas a todas as aulas do cole.

- Selección de lecturas para reflexionar arredor dos medos así como coñecer o noso samaín.











- Exposición de cabazas no corredor principal do centro, decoradas en familia, preferentemente relacionada coa temática co PDI "Estamos Aquí".




- O alumnado de infantil vivenciou esta festividade mediante os diferentes sentidos: pócemas máximas, experimentos efervescentes, expresión do medo a través da arte, receitas terroríficas, obradoiro de tatuaxes e moito xogo nunha gran instalación.





Estivo xenial!!

Comentarios