EXPERIMENTAMOS COA CIENCIA

 "A ciencia está chea de momentos épicos coma este. Coñecelos e transmitilos é un deber no que todos, non soamente os que somos científicos, debemos participar. Amigos: temos unha historia da ciencia tan rica como descoñecida. Cando leades unha historia coma esta, facédea vosa e transmitídea, porque cada vez que a contedes estaredes sementando a curiosidade pola ciencia e contribuiredes a facer medrar no noso pobo unha cultura científica moi necesaria, que nos permitirá avanzar como sociedade e nos fará máis libres." José Tubío


Este mes celebramos O MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BILIOTECAS, facéndoo a través dunha pequena selección e exposición de fondos para fomentar o interese por experimentar coa ciencia.

Ratiña e Ratiño animan a todo o alumnado a convertirse en auténticxs científicxs e enviar ao correo da biblio mostras daqueles experimentos que fagan neste tempo (mediante imaxes, videos, audios...), tanto no cole como nas súas casas, para compartir con toda a comunidade educativa!




Comentarios