CHEGA O OUTONO, CHEGA O MAGOSTO

 Neste mes de novembro festexamos a chegada do outono e o magosto organizando unha esfollada no cole en colaboración coas familias, que nos ensinaron a esfollar e debullar millo. Tamén tivemos moitos xogos populares, cancións e bailes acompañados de gaiteirxs e pandereteiras, rematando coa degustación de castañas polo magosto.

Con esta xornada de convivencia, o noso principal interese é pór en valor a nosa cultura galega, tradicións e festas típicas ademáis de mostrarlle ao noso alumnado que outro xeito de vida é posible, o do autoabastecemento, moito máis respectuoso co medio ambiente. 

As familias participaron contándolle ao alumnado o uso que lle dan ás diferentes partes da planta do millo, tanto agora como cando eran nenxs, como celebraban esta festa, que cancións cantaban...  De este xeito, celebramos tamén o mes da TRADICIÓN ORAL, pois todxs temos unha gran labor na preservación deste patrimonio inmaterial.

Aquí deixamos unha mostra desta gran xornada!















Comentarios