INAUGURACIÓN E DESCUBRIMENTO DO PDI

A semana pasada, coa apertura da biblioteca, coñecemos o proxecto de centro deste curso a partir do descubrimento dunha caixa con contido audiovisual, gráfico e escrito para motivar a todo o noso alumnado: textos escritos e adaptados en pictogramas que tiñamos que emparellar coas fotografías correspondentes e un código QR cun enlace ao seguinte video:

Tras a visualización deste, rematamos a sesión coa rutina de pensamento VEXO-PENSO-PREGÚNTOME que nos levou a plantexarnos moitas preguntas, as cales agardamos ir dándolles resposta dende a nosa propia implicación.



E tamén firmamos os nosos contratos para un bo uso da biblio.






A Axenda 2030 é unha tarefa urxente e tentaremos contribuir aos obxectivos de desenvolvemento sostible, principalmente aos relacionados cos problemas ambientais e cambio climático a través dun proxecto plural, democrático e solidario.

Porque para iso ESTAMOS AQUÍ!










Comentarios