20N- DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

O 20 de novembro celebramos o Día Universal da Infancia, poñendo en valor os seus dereitos, recollidos na Convención sobre os Dereitos dx nenx en todo o mundo (aprobada como tratado internacional de dereitos humanos o 20 de novembro de 1989).

Conectando estes dereitos cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030, dende a biblio propoñemos ao noso alumnado, infancia pola que traballamos día a día, a posibilidade de expresarse con respecto a un dos seus dereitos fundamentais: a protección e coidados necesarios para o seu benestar, incluindo o medioambiente. 

A proposta inclúe a visualización dun video "Con mascarilla, pero non silenciados", de Unicef, así como diferentes útiles para poder expresarse escribindo nas cristaleiras da biblioteca e deixando as súas propostas e opinións expostas para toda a comunidade educativa. 

Unha oportunidade para darlles voz e voto nun dos seus dereitos, recoñecendo a importancia do seu papel proactivo na transformación do mundo. Porque para iso, ESTAMOS AQUÍ, ESTÁN AQUÍ.




Comentarios