MOCHILAS VIAXEIRAS

 As nosas primeiras mochilas viaxeiras xa votaron a andar polas casas, cheas de diversos fondos e recursos da biblio como narrativa nas diferentes linguas (castelán, galego e inglés), cómic, emocións...

Ademais, tamén levan no seu interior unhas propostas relacionadas co noso Proxecto Documental Integrado de centro "Estamos Aquí", en forma de experimento e creación artística, contribuíndo así a algúns dos obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030.

Boas lecturas!!





Comentarios