Publicacións

CHEGA O OUTONO, CHEGA O MAGOSTO

Imaxe
 Neste mes de novembro festexamos a chegada do outono e o magosto organizando unha esfollada no cole en colaboración coas familias, que nos ensinaron a esfollar e debullar millo. Tamén tivemos moitos xogos populares, cancións e bailes acompañados de gaiteirxs e pandereteiras, rematando coa degustación de castañas polo magosto. Con esta xornada de convivencia, o noso principal interese é pór en valor a nosa cultura galega, tradicións e festas típicas ademáis de mostrarlle ao noso alumnado que outro xeito de vida é posible, o do autoabastecemento, moito máis respectuoso co medio ambiente.  As familias participaron contándolle ao alumnado o uso que lle dan  ás diferentes partes da planta do millo, tanto agora como cando eran nenxs, como celebraban esta festa, que cancións cantaban...  De este xeito, celebramos tamén o mes da TRADICIÓN ORAL , pois todxs temos unha gran labor na preservación deste patrimonio inmaterial. Aquí deixamos unha mostra desta gran xornada!

VOLVE A BIBLIOPATIO E O BUZÓN DE SUXESTIÓNS

Imaxe

24 de outubro, Día das Bibliotecas

Imaxe
 O pasado 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas , abrindo, un curso máis, a nosa biblioteca, o noso espazo común para ler, aprender, descubrir, crear, expresar, socializar... Este día tamén se conmemorou o Día Internacional contra o Cambio Climático , tema no que traballamos arreo o curso pasado a través do PDI "Estamos Aquí", co cal continuamos de novo este curso para seguir concienciándonos e concienciando sobre a importancia de protexer ao noso planeta e poder contribuir así aos ODS da Axenda 2030, mediante as nosas accións. Nesta ocasión, continuamos incidindo nas 3R para dar comezo á primeira tarefa do curso, relacionada co tratamento dos residuos orgánicos: poñer en marcha no cole o compost. E para iso precisamos coñecer qué é, cómo facelo, por qué facelo e para qué facelo... Ao chegar á biblioteca, visualizamos un video introductorio para movilizar os nosos pensamentos e reflexionar en conxunto a través da rutina de pensamento VEXO-PENSO-PREGÚNTOME. Despois, ...

NOVIDADES

Imaxe
Coa reapertura da biblio neste novo curso, estas son as novidades que podedes atopar no estante das mesmas. Todas elas relacionadas coa temática do PDI de centro "Estamos Aquí" , co cal continuamos un curso máis para seguir contribuindo desde o local aos ODS da Axenda 2030. Axiña estarán nos estantes correspondentes para poder levalos de préstamo. Mentres, olládeos na biblioteca e gozade deles para lectura ou búsqueda de información.

INAUGURACIÓN DA BIBLIO

Imaxe
Comezamos un novo CURSO 2022-23 cheo de emocións, aprendizaxes compartidas e moita ilusión! Ratiña e Ratiño xa están poñendo todo a punto para a apertura de portas da biblio o vindeiro luns 24 de outubro , coincidindo co "Día das bibliotecas escolares" e co "Día Internacional contra o Cambio Climático". Nesa mesma semana, teñen preparada unha actividade inaugural relacionada co PDI de centro "Estamos Aquí", co cal continuamos un curso máis para seguir contribuindo desde o local aos ODS da Axenda 2030. O servizo de biblioteca fóra do horario lectivo será de luns a venres de 16.00 a 17.15h para que tanto o alumnado como as familias soliciten o préstamo e/ou devolución de fondos. Esperámosvos!!

RECOMENDACIÓNS DE VERÁN

 Un novo curso que remata e un ano máis onde vos achegamos algunhas recomendacións de lecturas e xogos de mesa para este verán que comeza xa. Agardamos que gocedes delas! Vémonos á volta. Feliz verán. Ratiña e Ratiño del

ENTREGA DE AGASAIOS

Imaxe
 Nestes días tivo lugar a entrega de diplomas e agasaios ao alumnado voluntario da bibliotec a neste curso pola súa gran labor e colaboración.  Tamén o alumnado máis lector tivo o seu recoñecemento pola cantidade de préstamos realizados durante o curso. Noraboa!