24 de outubro, Día das Bibliotecas

 O pasado 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas, abrindo, un curso máis, a nosa biblioteca, o noso espazo común para ler, aprender, descubrir, crear, expresar, socializar...

Este día tamén se conmemorou o Día Internacional contra o Cambio Climático, tema no que traballamos arreo o curso pasado a través do PDI "Estamos Aquí", co cal continuamos de novo este curso para seguir concienciándonos e concienciando sobre a importancia de protexer ao noso planeta e poder contribuir así aos ODS da Axenda 2030, mediante as nosas accións.

Nesta ocasión, continuamos incidindo nas 3R para dar comezo á primeira tarefa do curso, relacionada co tratamento dos residuos orgánicos: poñer en marcha no cole o compost. E para iso precisamos coñecer qué é, cómo facelo, por qué facelo e para qué facelo...

Ao chegar á biblioteca, visualizamos un video introductorio para movilizar os nosos pensamentos e reflexionar en conxunto a través da rutina de pensamento VEXO-PENSO-PREGÚNTOME.





Despois, visualizamos uns carteis sobre a compostaxe para coñecer cómo podemos compostar e qúe podemos compostar.





Coas caixas parlantes, xogamos a adiviñar qué residuos dos que escoitamos son aptos ou non para a compostaxe.


Visionamos a curtometraxe "Lemon", para continuar reflexionando sobre os residuos plásticos e seguir mantendo o noso compromiso co medio ambiente.



Para finalizar, recibimos os contratos do uso da biblioteca os cales asinamos tras comprometernos a cumplir as normas.







Comentarios