INAUGURACIÓN DA BIBLIO

Comezamos un novo CURSO 2022-23 cheo de emocións, aprendizaxes compartidas e moita ilusión!

Ratiña e Ratiño xa están poñendo todo a punto para a apertura de portas da biblio o vindeiro luns 24 de outubro, coincidindo co "Día das bibliotecas escolares" e co "Día Internacional contra o Cambio Climático".

Nesa mesma semana, teñen preparada unha actividade inaugural relacionada co PDI de centro "Estamos Aquí", co cal continuamos un curso máis para seguir contribuindo desde o local aos ODS da Axenda 2030.

O servizo de biblioteca fóra do horario lectivo será de luns a venres de 16.00 a 17.15h para que tanto o alumnado como as familias soliciten o préstamo e/ou devolución de fondos.

Esperámosvos!!




Comentarios