8M E SEMANA DA PRENSA - RETOS FEMINISTAS

Neste 8 de marzo non podíamos deixar de traballar por un mundo máis igualitario onde non haxa espacios "de mulleres" ou "de homes". Por iso, colaborando co Equipo de Convivencia, adicamos un tempo e recursos para conmemorar esta data importante no calendario, reflexionando sobre a situación actual das mulleres, aprendendo e recordando a loita polos seus dereitos ao longo da historia e das desigualdades que aínda existen en moitos ámbitos da nosa sociedade.

Primeiro, cada aula comezou na hora de ler un debate, coa súa pertinente investigación, para resolver unha cuestión dada.

Despois, unha persoa representante entregou esta ao equipo de convivencia que agardaba na aula de música, para recibir un reto acorde á cuestión traballada.











Outro dos retos vinculados a conmemoración da Semana da Prensa, consiste en que, ata o 24 deste mes, o alumnado grabe no estudio de son (empregando o material de Polos Creativos) noticias relacionadas con algún dos ODS onde as protagonistas sexan mulleres. Con estas grabacións inaugurarase o PODCAST da biblioteca, "Un rato nas ondas".

Ademais, o equipo de voluntariado preparou esta sección de fondos para gozar coa lectura e para busca e tratamento de información, formando cidadanía crítica.



Comentarios