TAREFA HORTA ECOLÓXICA

O mes pasado comezamos un novo reto no cole en consoancia co PDI.

Tras realizar a primeira tarefa relacionada co composteiro do centro, unha mañá atopamos no cole unha mesa de experimentación ben preparada para sementar xunto cunha mensaxe de Fortunata, unha espantallo que nos pediu colaboración para realizar o seguinte reto: converter a nosa horta nunha horta 100% orgánica.

A nosa horta é o ecosistema terrestre máis próximo á nosa realidade, polo que partimos dela para investigar acerca dos beneficios que pode obter o planeta terra a raíz de manter unha horta ecolóxica, cultivando sen prexudicar ao noso planeta. 

Estamos a incidir en aspectos fundamentais na posta en práctica desta tarefa: as plantas de tempada, as sementes e os seres vivos da horta (microorganismos, animais beneficiosos e pragas).

Primeiro comezamos por investigar sobre estos aspectos e despois preparámonos para facer os sementeiros para transplantalos á horta cando chegue o momento (implicándonos así na consecunción dos ODS 12, 13 e 15). 

Na biblio temos preparada unha sección de fondos relacionados coa horta para as nosas investigacións.





 
O noso obxectivo é organizar a horta do cole co resultado das investigacións e aportacións do alumnado, polo que pedimos colaboración ás familias. Así, o alumnado de Educación Infantil xa está a compartir na aula as súas investigacións co resto do grupo.

 




















Tamén tivemos a visita dunha experta na horta, Maite, a nai dun alumno de 6º de EI, quen nos transmitiu o seu coñecemento contándonos moitas cousiñas sobre a asociación de cultivos, os abonos orgánicos, cómo protexer a horta... e moito máis!.

Grazas familias por esta colaboración, pois nos levamos moitas ideas para a nosa futura horta ecolóxica.







Comentarios