CONTACONTOS ROSALÍA DE CASTRO

 Onte recibimos a Raquel Queizás para agasaiar ao alumnado de 2º de Educación Primaria co contacontos "Buscando a Rosalía", premio por ser gañadorxs do Concurso A NOSA ROSALÍA, organizado pola Deputación de Pontevedra. 

A esta función tamén asistiu a Deputada de Cultura Victoria Alonso. Encantounos!

Grazas por este gran agasaio. 


Rosalía é presente!




Comentarios