INAUGURACIÓN DO NOSO PODCAST

Hoxe inauguramos o podcast da nosa biblio "Un rato nas ondas", cun episodio moi especial. Trátase dunha das evidencias que, coma claustro docente, elaboramos para o programa da Xunta de Galicia, Observa-Acción, do cal formamos parte este curso escolar (cunha duración de dous cursos se pasamos ás seguintes fases).

Neste podcast facemos unha reflexión conxunta de todo o observado entre compañeirxs e aportamos evidencias do noso proceso de cambio coma claustro a partir da participación neste programa de innovación educativa.

Estamos nese momento. No momento de botar esa semente con toda a ilusión e todo o traballo que puxemos nesta visión.

Aqui deixamos o enlace ao programa íntegro, e podedes acceder ao canle da biblioteca na páxina principal no lateral esquerdo.

Agardamos que vos guste.


Comentarios