LIBROS PARA CAMBIAR O MUNDO

 En relación á conmemoración relacionada coa "Semana do Libro" (18-22 de abril) e ao longo deste último trimestre, para dinamizar as horas de ler, levaremos a cabo a seguinte actividade chamada "Libros para cambiar o mundo", co obxectivo de empregar as lecturas como unha ferramenta para alentar ao alumnado a interactuar cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, a través dunha lista que libremente crearán e relacionarán con cada un dos 17 ODS.

Ratiña e Ratiño agardan emocionadxs de ver as listas de lecturas relacionadas cos ODS nos murais expostos no exterior da biblioteca.








Aquí unha mostra do ben que van a nosas lecturas






Comentarios