AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN

Outra das iniciativas que puxemos en marcha no mes de abril foi "As familias tamén contan", unha actividade na que invitamos ás familias do alumnado de Educación Infantil a achegarse á escola para contarnos un conto e pasar un rato agradable de lectura xuntos/as.

Nada hai máis especial que escoitar un conto narrado polos pais, nais ou familiares das nosas pequenas e dos nosos pequenos. Cada historia é única, chea de afecto e conexión coa nosa cultura e tradición.

Nestes encontros, creamos un espazo acolledor onde alumnado e familias poden compartir momentos de complicidade e descubrir o pracer da lectura.

Estamos moi agradecidxs como centro ás familias que participan nesta iniciativa, pois coa súa presenza enriquecen a nosa comunidade escolar e axudan a fomentar o amor pola lectura nos máis cativos e cativas.

Porque todas as familian contan... e moito.

Grazas por formar parte desta bonita experiencia!












Comentarios