Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2026

8M: UN MAR DE MULLERES

Imaxe
 Con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller , no centro iniciamos unha liña de traballo que continuará ao longo do que queda de curso baixo o nome de Mare Matria , unha proposta que dá continuidade ao noso proxecto Matria Téxtil e que nos invita a reflexionar sobre o vínculo entre as mulleres, o mar e o territorio que habitamos. Nesta primeira achega, partimos dun diálogo co alumnado arredor dun vídeo sobre mulleres no mar , abrindo espazos de reflexión sobre o seu papel na nosa historia e na nosa cultura mariñeira, así como sobre a necesidade de visibilizar traballos que durante moito tempo permaneceron en segundo plano. A semana completouse coa visita de dúas mariscadoras do noso entorno máis próximo, Rita e Nela , que compartiron co alumnado a súa experiencia vital e profesional. A través do seu testemuño puidemos coñecer mellor a realidade dun oficio fundamental: desde as duras xornadas de traballo no mar ata o proceso que continúa coa chegada ...

A BIBLIOPATIO

Imaxe
 Un curso máis, a nosa Bibliopatio continúa enchendo de historias os recreos do patio de Primaria. Cada semana, esta bibliopatio converte o patio nun pequeno espazo de encontro cos libros. Durante os recreos, o alumnado pode achegarse, escoller un exemplar e dedicar uns minutos a ler, compartir historias ou simplemente deixarse levar pola imaxinación entre páxinas.  Con esta iniciativa, a biblioteca escolar segue a achegar os fondos ao alumnado e fomentar o gusto pola lectura en contextos naturais e distendidos , facendo da lectura unha experiencia presente en todos os recunchos da vida escolar. Porque ás veces, no medio do bulicio do recreo, un libro tamén pode ser un lugar onde parar, descubrir e soñar .

INAUGURACIÓN DA NOSA RADIO ESCOLAR

Imaxe
Tal e como anunciabamos con motivo do Día Mundial da Radio , o pasado 27 de febreiro celebramos no centro un momento moi especial: a inauguración oficial da nosa Radio Escolar.   Para acompañarnos nesta xornada tivemos a honra de contar cunha convidada de excepción: a xornalista e escritora María Xosé Porteiro García , unha das voces máis recoñecidas do xornalismo galego e firme defensora da comunicación como ferramenta de pensamento crítico, igualdade e compromiso social. A mañá comezou cun encontro moi especial entre a nosa convidada e o Club de Podcast , que participou nunha sesión de mentoría na que o alumnado puido dialogar con ela sobre o oficio xornalístico, a responsabilidade informativa e o valor da palabra nos medios de comunicación.  Posteriormente tivo lugar o acto inaugural , no que vivimos un dos momentos máis emotivos da xornada: o descubrimento do nome da nosa sala de gravación , que desde ese día leva o nome de María Xosé Porteiro , como homenaxe á súa tra...