A BIBLIOPATIO
Un curso máis, a nosa Bibliopatio continúa enchendo de historias os recreos do patio de Primaria. Cada semana, esta bibliopatio converte o patio nun pequeno espazo de encontro cos libros.
Durante os recreos, o alumnado pode achegarse, escoller un exemplar e dedicar uns minutos a ler, compartir historias ou simplemente deixarse levar pola imaxinación entre páxinas.
Con esta iniciativa, a biblioteca escolar segue a achegar os fondos ao alumnado e fomentar o gusto pola lectura en contextos naturais e distendidos, facendo da lectura unha experiencia presente en todos os recunchos da vida escolar.
Porque ás veces, no medio do bulicio do recreo, un libro tamén pode ser un lugar onde parar, descubrir e soñar.
Comentarios