CONTO VIAXEIRO
Ao longo deste curso, todas as aulas estivemos traballando conxuntamente na realización do conto viaxeiro, unha das actividades máis emocionantes que levamos realizando varios cursos.
E... ¿que é un conto viaxeiro? É un proxecto colaborativo no que o alumnado (neste caso cada aula do cole) contribúe coa súa propia parte á historia. A medida que o conto
se desenvolve, os protagonistas embarcan nunha viaxe que nos leva a diferentes
lugares e acontecementos.
Pero, ¿por que é tan importante levar a cabo esta
actividade? Aquí van algunhas razóns:
- Fomenta a creatividade: Participar nun conto viaxeiro dá as ás á nosa imaxinación, axudándonos a desenvolver a nosa capacidade de pensar.
- Mellora a escritura e a lectura: Ao escribir a cadansúa parte do conto, o alumnado mellora a súa habilidade para redactar e expresarse oral e por escrito. Ademais, á medida que leen as contribucións dos e das compañeiras, amplían o vocabulario e a comprensión lectora.
- Conecta
coñecementos: Cada quen pode compartir o seu coñecemento sobre
diferentes lugares e culturas co resto do grupo. Isto fai que o conto
viaxeiro sexa unha oportunidade única para aprender máis sobre o mundo e
apreciar a diversidade que o rodea.
- Fomenta
a colaboración e a comunicación: Traballar en equipo é fundamental nesta tarefa, pois debemos coordinarse cos demais para manter a
continuidade da historia. Isto fomenta a comunicación, o respecto polas
ideas dos demais e a importancia de traballar xuntxs para acadar un
obxectivo común.
- Crea
un espírito de comunidade: O conto viaxeiro únenos nunha experiencia compartida. Cada persoa é importante para a historia e
todos se senten parte dun equipo. Isto crea unha atmosfera de
compañeirismo e fortalece os vínculos e as relacións.
Polo tanto, realizando este conto viaxeiro estamos a crear unha experiencia enriquecedora que vai máis alá das aulas. Estamos a descubrir o mundo, a aprender uns dos outros e a construír lazos que nos acompañarán ao longo da nosa etapa.
Este curso este conto iniciabase así (en relación co PDI de centro) e a medida que foi pasando polas aulas a historia foi dando os seus xiros mudando cada vez o seu sentido.
O resultado final deste traballo colectivo verase o próximo curso, no cal seguirá dando moito de sí, xa que traballaremos en facer desta historia unha historia inclusiva, unha historia accesible a calquer lector/a.
Noraboa polo traballo!
Comentarios