BIBLIOPATIO MUSICAL

Na Semana do Libro (17-23 de abril) demos comezo a nosa Bibliopatio Musical.

Cunha entrada de balde para todxs, gozamos no patio de música en directo a cargo dos artistazos do cole, agasaiándonos cos seus talentos musicais.

Esta proposta que durará todo este mes de abril, consiste en gozar da música durantes uns minutos no patio en diferentes días da semana. Porque a nosa bibliopatio da para moito e a nós encántanos dacarlles moito pero que moito partido.

Nesta primeira semana de Festival da Música, actuaron con diferentes instrumentos Martín, Lucía (6º EP), Leo, Yago, Xián, Dante, Jana e Leire (2ºA), Hugo B., Ainara F., e Lucía (4ºEP)

Aquí vos deixamos unha mostra!



Comentarios