PRESENTACIÓN DO CONTO "A PEDRA VERMELLA"

 Este mércores, con motivo da celebración do Día Internacional do Libro, tivo lugar na nosa biblio a presentación literaria da obra ilustrada "A pedra vermella", de Sonia Blanco Sío (mosense), con ilustracións de Miguel Golmayo Labrador, á cal asistiu todo o alumnado do centro.

Ademáis de veciña, Sonia é familiar dun compañeiro do cole, da aula de 5 anos A. Por iso foi unha visita ainda máis especial!.

Sonia contounos como este conto saíu á luz e fíxonos un contacontos desta conmovedora historia sobre a familia que transmite un mundo de sentimentos e emocións. 

Agora nós xa temos tamén a nosa pedra vermella.






Comentarios