EscribiMOS nas paredes

O pasado luns 30 de xaneiro conmemoramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz cun gran acto conxunto, para o cal estivemos traballando previamente realizando diversas actividades tendo en conta o obxectivo 16 dos ODS “PAZ, XUSTIZA E INSTITUCIÓNS SÓLIDAS”.

O tema central das actividades emerxe da canción francesa “On écrit sur les murs”, que ten como tradución “EscribiMOS nas paredes”, e que tomamos como base para as diversas propostas.




Durante o mes de xaneiro, nas sesións de música, todos os grupos prepararon unha coreografía para a citada canción, a cal representamos todxs xuntxs no ximnasio do cole no propio día, non sen antes visualizar a historia da celebración desta data mediante unha exposición do alumnado de sexto de primaria, apoiada por pictogramas.





Ademais, ao longo do mesmo día e dos días posteriores, todas as aulas escribimos nunha parede pintada de cor negro no patio do cole, palabras, frases, oracións, desexos, debuxos... relacionados coa PAZ, empregando así a escritura como medio de comunicación, expresión, creación, información e coñecemento.





Ademais, realizouse unha exposición na biblioteca de fondos relacionados con esta celebración para ler, reflexionar, plantexarnos cuestións, debater...



FELIZ DÍA!

Comentarios