A DIVERSIDADE NON É UN CONTO
A vindeira semana o noso alumnado ten unha cita moi especial coa escritora (e a nosa teacher) Alba Alonso Feijoo para realizar a presentación do seu último libro "E ti, quen vés sendo?", aproveitando dúas datas tan importantes como a Semana do Libro (18-22 de abril) e o Día Internacional Contra o Acoso escolar (2 de maio) para realizar esta actividade.
Unha presentación onde, ademáis de coñecer aspectos e labores tan importantes que ten que levar a cabo un/uhna escritor/a, abordaremos a temática do bullying en forma de charla-obradoiro.
Durante 3 días, por aulas gozarán deste encontro coa escritora (e que aquí vos mostraremos).
Porque cando traballamos a diversidade (tamén a diversidade de xénero) como a valía que é e todo o que pode aportar, o acoso non terá cabida nos nosos centros.
Porque a diversidade non é un conto. Ven e que cho conten!
Comentarios