SEMANA DA PRENSA

 Con motivo da Semana da Prensa (12 ao 16 de Marzo) leváronse a cabo varias iniciativas. 

Por unha banda, cada día da semana apareceron noticias na biblioteca relacionadas con animais, para dar cotinuidade ao noso PDI. Estas noticias podían ser lidas, comentadas e pensadas nas horas que teñen as distintas aulas asignadas na biblioteca. 

Mencionar tamén que non apartado que temos adicado a xornais e revistas, estas se actualizan a miúdo.

O noso alumnado tamén fixo unha busca ininterrumpida de noticas relacionadas co mundo animal e as cales expuxeron en sendos murais.


Así mesmo e tendo en conta que estivera moi próximo o 8 de marzo, analizouse tamén a presenza da muller na prensa.  

Comentarios