RETOS LITERARIOS NO MES DO LIBRO

 Co gallo do Día Mundial da Poesía e a Semana do Libro estamos levando a cabo desde o día 21 de marzo e durante todo este mes unha actividade internivel chamada "RETOS LITERARIOS", partindo do libro Bechopoemas e outras bestas, un poemario moi premiado escrito por Leire Bilbao, ilustrado por Maite Mutuberria e editado por Kalandraka.






A idea principal consiste en xogar coa poesía, creada e inventada, propoñendo diferentes retos relacionados con este xénero literario e con algunhas das criaturas que protagonizan este libro, entre as  aulas do cole apadriñadas mutuamente. Estas accións poden desenvolverse cos múltiples recursos (plásticos, audiovisuais, sonoros...), que promovan a creatividade e a diversidade do alumnado.

Porque as poesías serven para xogar, para aprender algo bonito, para educar os oídos buscando "palabras que soan como...". É un tipo de texto que nos produce diferentes emocións e que teñen máis dunha explicación ou hipótese válida.

E senón, mirade qué nos conta a autora do libro, quen nos envía este video para animar ao noso alumnado a crear versos por terra, por mar e por aire.



Continuamos así construindo o noso proxecto de centro "Seguindo as pegadas" mediante estos divertidos versos do reino animal.

Xa vos imos informando dos resultados, que ben seguro que serán inxeniosos e orixinais, como as criaturas protagonistas!

Comentarios