CONTACONTOS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE MOS

Chegou información á escola sobre unha actividade moi interesante de contacontos que se levará a cabo na Biblioteca Municipal de Mos os sábados 8, 15, 22 e 29 de novembro para celebrar o "Día da Biblioteca".
As sesións de Contacontos na Biblioteca contarán coa actuación de "María dos Contos" e o horario previsto é ás 12 da mañá e están dirixidas a nenos e nenas de 4 a 11 anos.
Non deixedes pasar esta oportunidade de gozar escoitando historias. O programa é o seguinte:

SÁBADO 8: "Crocodilo namorado" e "A meiga Zelda"
SÁBADO 15:"Rá Margarita" e "Gusaniño Pipo"
SÁBADO 22:"Historia de Oliver" e "Soldadiño de chumbo"
SÁBADO 29:"Parruliño feúcho" e "A toupiña"

Comentarios