CARNÉS DE BIBLIOTECA.

Hoxe tivemos unha sorpresa no colexio. Esta noite pasaron polo colexio o ratiño e a ratiña da nosa biblioteca.

Ninguén puido velos pero deixaron un regalo para cada un dos nenos e nenas da escola: Os novos carnés de biblioteca para o curso 2008/09!

No carné aparece esta foto de ratiña e ratiño lendo os seus libros favoritos.
Hoxe moitos nenos e nenas da escola fixeron coma eles e realizaron moitos préstamos na biblioteca na hora do recreo.

Todos quedamos contentísimos cos recén estrenados carnés de biblioteca e con seguridade que neste curso usarémolos moitísimo.



Comentarios