Publicacións

8 M. I CLUB DE LECTURA FEM.

Imaxe
Este ano traballamos durante a semana do 8 ao 12 de marzo, nas horas de ler do cole, a figura da muller, a través do noso I CLUB DE LECTURA FEM , tratando de mostrar lecturas onde a muller e a nena están presentes, a través dunha selección previa de recursos bibliográficos da biblioteca. De esta forma, debatimos, compartimos e empregamos o noso sentido crítico a través desta ferramenta, gozando dos beneficios dun club de lectura con perspectiva de xénero. "Se non podo ler, non quero formar parte da túa revolución", foi o lema adaptado da coñecida cita de Emma Goldman (todo un exemplo de pensamento feminista) para a realización das diferentes actividades e obradoiros  que se levaron a cabo tras as lecturas colectivas, signado en LSE e accesible para todo o noso alumnado, o cal podedes ver a través deste código QR. De todas as lecturas, cada clase elixiu unha para traballar en máis profundidade, desenvolvendo actividades arredor da figura dunha muller relevante, como por exemp...

NOVIDADES MARZO

Imaxe
 

NOVIDADES FEBREIRO

Imaxe
 Xa podes atopar na biblioteca estas novidades!

ENTROIDO

Imaxe
Neste Entroido, todas as clases participamos nun concurso de receitas, o cal consiste en elaborar unha receita típica do Entroido, desenvolvendo diversas competencias (lingüística, dixital, cultural, artística, matemática...) así como a nosa creatividade. Cada clase ou alumnx elixirá qué tipo de receita quere presentar, xa que pode ser a nivel individual ou colectivo. O que se valora é a execución, presentación... non o resultado final en sí. Para insipirarse nas elaboracións, así como para a búsqueda de información necesaria, a biblioteca ten unha exposición de materiais que poden resultar de axuda e apoio. Cada clase votou a súa favorita, e outorgouse un agasallo para as aulas: un libro relacionado coa temática do PDI, para o banco de recursos de biblioteca de aula e para empregar como medio informacional para continuar ampliando os nosos coñecementos sobre o mundo animal. Aquí vos deixamos algunas das receitas: MMMMMMM...... Ademais, o pasado venres gozamos do tradicional desfile e...

"CONMEMORACIÓN DO DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ"

Imaxe
     Para a conmemoración deste día e tendo en conta o P.D.I. desta ano,  deuse a coñecer entre o alumnado a historia do “Nacemento do dragón”, figura popular en Chiña e que é o seu símbolo da boa sorte e a paz. Entre todo o  alumnado do centro elaboramos noso  propio dragón da boa sorte e a paz.     Escribíronse  “Cartas de gratitude pola Paz”. Cada neno/a escribiu a súa carta de gratitude a persoas e organizacións ás cales se lles fixerán chegar. Así mesmo, tamén escribiron cartas de agradecemento a un compañeiro/a de clase que doblaron en forma de avión e fixéronos voar na hora do patio.

ESCOLA DE FAMILIAS EducANDO 2.0

Imaxe
  O pasado mes de Xaneiro iniciamos a nosa Escola de Familias nunha nova versión telemática, EducANDO 2.0.  En colaboración co CFR de Vigo, levaranse a cabo unha serie de charlas educativas dirixidas ás familias (ainda que tamén en aberto para toda a comunidade educativa interesada) co obxectivo de formarnos e educar xuntxs. A primeira das charlas para educar en tribo foi: "Coñezo o meu colexio?" , onde, impartido por diferentes docentes do centro, explicouse o noso ideario de centro así como os diversos programas e proxectos levados a cabo, entre eles, o noso proxecto de biblioteca e o desenvolvemento das nosas actividades, dentro da iniciativa Plambe. Deixamos a presentación da biblioteca na charla de inauguración desta Escola de Familias. Outra das charlas foi da man de Sabela Gago sobre "Animación á lectura", co obxectivo de coñecer diferentes estratexias educativas para facer lectores/as no seo familiar.