ENTROIDO

Neste Entroido, todas as clases participamos nun concurso de receitas, o cal consiste en elaborar unha receita típica do Entroido, desenvolvendo diversas competencias (lingüística, dixital, cultural, artística, matemática...) así como a nosa creatividade. Cada clase ou alumnx elixirá qué tipo de receita quere presentar, xa que pode ser a nivel individual ou colectivo. O que se valora é a execución, presentación... non o resultado final en sí.

Para insipirarse nas elaboracións, así como para a búsqueda de información necesaria, a biblioteca ten unha exposición de materiais que poden resultar de axuda e apoio.

Cada clase votou a súa favorita, e outorgouse un agasallo para as aulas: un libro relacionado coa temática do PDI, para o banco de recursos de biblioteca de aula e para empregar como medio informacional para continuar ampliando os nosos coñecementos sobre o mundo animal.




Aquí vos deixamos algunas das receitas:














MMMMMMM......


Ademais, o pasado venres gozamos do tradicional desfile e baile de Entroido, e, ainda que dunha forma un tanto diferente a outros anos, lucimos igualmente os nosos disfraces relacionados co proxecto do cole "Seguindo as pegadas". 

Nesta xornada, vimos desfilar a todxs os compis de forma virtual!











Comentarios