BIBLIOPATIO INFANTIL

 Compartimos un dos últimos espazos dos que dispón o alumnado de Educación Infantil: a bibliopatio.

Tras o éxito no patio de Educación Primaria, ampliamos este recuncho para tamén os/as máis peques do cole, para gozar da lectura ao aire libre, nun entorno natural e tranquilo.

Aquí, baixo a sombra das nosas árbores e/ou ao sol no noso espazo verde, poden escoller libros para gozar da lectura de forma individual ou en compañía. Tamén organizan as súas propias sesións de contacontos, estimulando así a súa imaxinación e creatividade e fomentando a socialización entre iguais.

Un espazo onde, lectura e natureza van da man.





Comentarios