MICRORRELATOS DE SAMÁIN: DO PAPEL Á VOZ

O Samaín deixou tras de si historias que arrepiaron, palabras cheas de misterio e moito talento creativo. Tras a proposta “Microrrelatos de Medo”, xa podemos compartir o resultado final dun traballo colectivo no que participou alumnado, familias e profesorado do centro.

Así, xa está dispoñible o noso Podcast de Medo, un episodio especial no que o Club de Podcast e alumnado do centro dan voz aos microrrelatos de Samaín escritos pola comunidade escolar. Relatos breves, intensos e inquietantes que cobran vida a través da lectura en voz alta.

Ademais, todos os microrrelatos foron recompilados nun libro en formato físico, que xa forma parte dos fondos da biblioteca. Unha oportunidade perfecta para volver ás historias, reler con calma e deixarse envolver polo ambiente do Samaín sempre que apeteza.

Animámosvos a escoitar o podcast e a achegarvos á biblioteca para descubrir o libro. 

Porque o medo… tamén se le.

Comentarios