NOVAS LECTURAS EN NOVEMBRO
Comezamos novembro con novas incorporacións aos fondos da biblioteca e unha nova proposta do Libro do mes en galego. Unha oportunidade para descubrir outras historias, achegarnos á nosa literatura e seguir ampliando os nosos horizontes lectores.
E a Bibliopatio continúa medrando! Este curso intégrase nos Patios Tranquilos de Primaria, onde está dispoñible todos os días durante o recreo. Así, os libros tamén saen da biblioteca para acompañar outros momentos da xornada, ofrecendo un espazo para ler, descubrir e desfrutar con calma.
Novos libros, novas recomendacións e máis oportunidades para que a lectura estea presente no noso día a día.



Comentarios