O SAMAÍN: UN RATO DE MEDO

 O Samaín chegou un ano máis ao noso centro e, dende a biblioteca convidamos a participar na proposta "Microrrelatos de Medo", unha actividade voluntaria e aberta a todas as nenas e nenos, así como ás familias, para elaborar o seu microrrelato terrorífico, e con todos eles crear o noso "Podcast de Medo", dispoñible moi pronto no noso canle Un rato nas ondas.


Os integrantes do Club de Podcast explicaron con claridade e detalle esta actividade neste episodio especial:



Ademais desta proposta, o centro celebrou o Samaín con diversas actividades, mesturando tradición, innovación e moita diversión:

Educación Infantil: levouse a cabo o tradicional Erasmus de Samaínno que o alumnado se mesturou por idades e aulas para participar en diversas propostas terroríficas.











Educación Primaria: organizáronse scape rooms temáticos por ciclos, cheos de enigmas, pistas e retos de medo que o alumnado debía resolver. Así, o alumnado do 1º ciclo superou un escape room no que puxeron en práctica os seus coñecementos para rescatar a Hansel e Gretel; mentres que o 2º e 3º ciclo participou en A pirata silenciada, unha proposta vinculada ao ODS 14: Vida submarina, na que descubriron a historia de mulleres piratas esquecidas e empregaron recursos tecnolóxicos do programa do que formamos parte, Polos Creativos+.





Comentarios