DRAMATIZACIÓN DO CONTO "MARCELIÑA NA COCIÑA"
O alumnado de 2º de Educación Primaria deleitou a todas as nenas e nenos do centro coa dramatización na biblioteca do conto "Marceliña na cociña", dentro das actividades organizadas con motivo do día do libro. Un conto contado e cantado no que non faltou a música.
Fixérono xenial!
Tamén houbo na biblio unha pequena exposición de maquetas inspiradas no conto de Marceliña feitas polas aulas de 2º de E.P.
Menudo arte!
Comentarios