RECOMENDACIÓNS DE NADAL

O Nadal é un momento especial para compartir, soñar e desfrutar en compaña das nosas historias favoritas. Desde a Biblioteca, Ratiña e Ratiño queremos acompañarvos nestas datas cunhas recomendacións lectoras pensadas para todas as idades. O noso obxectivo é que cada un e cada unha de vós atope o libro perfecto para desfrutar destas vacacións.

Ademais, animámosvos a visitar a nosa biblioteca e explorar a nosa selección especial de lecturas de Nadal.

Queremos desexarvos un Feliz Nadal e un Próspero Aninovo. Que estas festas estean cheas de ledicia, momentos compartidos e, por suposto, moitas lecturas que nos fagan soñar e medrar.

Comentarios