DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS

Este venres tivemos Escola de Talentos, cunha charla moi especial na nosa biblio. 

Luz e Juan, familia de Olivia da aula de 3 anos, visitaron o noso cole para compartir o seu incrible proxecto de deseño de obxectos a partir de redes de pesca atopadas nas praias e océanos. Este proxecto chámase REDuse e trátase dunha colección de mobles e accesorios feitos con rede mariña de pesca reutilizada, que o propio Juan deseña.


Esta actividade enmárcase na conmemoración do Día do Medio Ambiente (5 de xuño) e o Día dos Océanos (8 de xuño) destacando a importancia de coidar os nosos mares e reutilizar materiais para protexer o medio ambiente.

Grazas Juan e Luz, por ensinarnos tantas cousiñas e contribuir a poñer a semente para que as futuras xeracións manteñan unha concienciación polo respeto ó medio mariño. Por inspirarnos a todas e todos co voso traballo e compromiso co planeta.









Comentarios