DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

 A pasada semana celebramos o REVOLUTION FASHION DAY, o noso desfile benéfico e subasta da nosa colección de roupa sostible "ArtECO recicla", da colección Matria Téxtil, traballando así o impacto medioambiental e social do consumo (reto proposto ao comezo deste curso).

Que mellor maneira de conmemorar esta data tan sinalada no calendario?

Unha gran xornada onde a numerosa comunidade educativa asistente realizou unha puxa moi emocionante, subastándose as primeiras creacións téxtiles elaboradas nos ámbitos de aprendizaxe, donando todo o recaudado á Asociación Bicos de Papel.

Aquí deixamos unha pequena mostra deste gran evento e unha das novas publicadas no xornal:

https://www.farodevigo.es/comarcas/2024/06/02/ceip-mestre-martinez-alonso-produce-103232585.html








Ademais, con motivo da conmemoración desta data, temos exposta na biblioteca bibliografía relacionada co coidado e protección do medio ambiente, atopando unha variedade de temas, que van desde a ecoloxía e a sustentabilidade ata a biodiversidade e o cambio climático.

Agardamos que vos guste esta selección. A vosa participación e interese son fundamentais para crear unha comunidade escolar máis consciente e comprometida co medio ambiente.


Comentarios