ACTO DE AGRADECEMENTO

Este curso académico foi unha mostra do compromiso e dedicación do noso alumnado coa biblioteca escolar. O equipo de voluntariado (alumnado de 5º e 6º) traballou arreo durante todo o ano para facer da nosa biblioteca un espazo acolledor, dinámico e cheo de vida, pois non só axudaron na organización e mantemento dos libros e materiais, senón que tamén promoveron actividades de animación á lectura, axudaron aos compañeiros/as nos tempos de lecer na biblio e tamén colaboraron na organización e presentación de eventos especiais, entre outras funcións.




Por todo isto, hoxe tivemos un acto moi especial de agradecemento e recoñecemento ao alumnado vinculado coa biblioteca escolar. 

Neste evento, quixemos destacar o labor de todxs e cada un/unha dos voluntarios/as que, coa súa dedicación e entusiasmo, contribuiron a mellorar o funcionamento da biblioteca e a fomentar o hábito da lectura entre os seus compañeiros.


Ademais, fixemos un recoñecemento especial ao alumnado máis lector, tanto de Educación Infantil como de Educación Primaria. É un orgullo para nós ver como a paixón pola lectura medra en cada unha delas e deles, e queremos felicitalos polo seu esforzo e constancia.

A todos e todas que formaron parte deste proxecto, GRAZAS por ser un exemplo de colaboración e compromiso. O voso traballo é fundamental para que a nosa biblioteca siga sendo un lugar onde o coñecemento, a creatividade e a imaxinación teñen un espazo asegurado.

Seguiremos traballando xuntxs para facer da nosa biblioteca un lugar mellor cada día. 

Grazas e noraboa a todos e todas!

Comentarios