25N: LATRINALIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
"Tira da cadea" é o nome do proxecto de Latrinalia Contra a Violencia de Xénero que estivemos levando a cabo, colaborando co Equipo de Convivencia e Benestar, este novembro con motivo do 25N.
Latrinalia é o arte do grafitti nos baños (as letrinas) e por iso nestes días, os nosos baños foron o escenario protagonista para facer as propostas. Porque queremos tirar toda a violencia de xénero polo retrete, queremos que ao tirar da cadea, todo o negativo e violeto desapareza...
O obxectivo desta actividade é tranformar espazos cotiáns en pantallas de concienciación, usando os nosos baños como murais para espallar mensaxes contra a violencia de xénero (ao contrario do que acostumamos ver escrito...).
Cada pincelada, cada palabra escrita, converteuse nun lembrete tanxible de que é fundamental loitar contra a violencia de xénero. A latrinalia permite que a arte sexa unha ferramenta para o cambio social, dando vida a mensaxes de igualdade, respecto, amor e solidariedade.
Así, os nosos baños transformáronse en galerías de arte, onde a creatividade se uniu á concienciación. As palabras escritas nas portas dos WC (primaria) e nas cristaleiras dos baños (infantil) non son simplemente tinta; son voces elevadas, clamando por un mundo onde todas as formas de violencia de xénero sexan erradicadas.
Esta é a infancia na que temos que confiar para que cambie o mundo; esta é a infancia que tira ben forte da cadea!
Comentarios