PRESENTACIÓN DO CONTO "A PEDRA VERMELLA"
Este mércores, con motivo da celebración do Día Internacional do Libro , tivo lugar na nosa biblio a presentación literaria da obra ilustrada "A pedra vermella" , de Sonia Blanco Sío (mosense), con ilustracións de Miguel Golmayo Labrador, á cal asistiu todo o alumnado do centro. Ademáis de veciña, Sonia é familiar dun compañeiro do cole, da aula de 5 anos A. Por iso foi unha visita ainda máis especial!. Sonia contounos como este conto saíu á luz e fíxonos un contacontos desta conmovedora historia sobre a familia que transmite un mundo de sentimentos e emocións. Agora nós xa temos tamén a nosa pedra vermella.