CAMPAÑA CULTURA POR SOLIDARIEDADE
Este curso, en colaboración coa Asociación Tapones por el mundo, somos punto de recollida de tapóns solidarios e desde esta semana iniciamos esta campaña solidaria que durará todo o curso e coa que podes colaborar donando tapóns para reciclar. A cambio, podes levarte un fondo de expurgo da biblioteca, dándolle así outra vida á estes recursos culturais.
¿Que tapóns podo donar?
Calquer tapón e tapa de plástico procedente de artículos de uso doméstico: tapa dunha barra de pegamento, desodorante, dosificador do suavizante, productos de hixiene e limpeza... Sempre que estén nos tipos de plástico 2 e 5, que non son tóxicos e son favorables para o medio ambiente.
Nesta ocasión, todo o recaudado irá destinado a Jairo, un neno de tres anos cunha dolencia catalogada como rara denomidada Metabolopatía por déficit de CPS-1.
Todo isto e moito máis será explicado nas aulas o vindeiro martes 13 a través do equipo de voluntariado da biblioteca, facendo campaña desta iniciativa solidaria que contribuirá a facer deste mundo, un lugar mellor.
Porque para iso... ESTAMOS AQUÍ!
Comentarios