25N. ENTENDES OU NON?

Hai moitos xeitos de dicir NON, ou de NON dicir SI.

O noso alumnado de 5º e 6º traballou arredor do que é o consentimento e por iso fixeron o video “Entendes ou NON?” co que se presentaron ao Concurso 25N da Xunta de Galicia e co cal gañaron o PRIMEIRO PREMIO na categoría audiovisual de concienciación por esta data.

Así, fixeron unha presentación e exposición a todo o cole para transmitir esta mensaxe, a través dunha presentación audiovisual, do rol playing e mesmo da LSE.

Tamén foron os anfitrións para invitar ao resto do cole a realizar un mural colectivo onde, nun SÍ grande e claro, aparezan mensaxes que non sexan afirmativas, para mostrar á comunidade a importancia dun consentimento claro.

Aquí deixamos unha mostra desta conmemoración.











Comentarios